2012, 7 de MARZO
 
 
 
 

Concello de Ourense e Consello Municipal de Deportes repiten este ano o “Correndo por Ourense” que puxeran en marcha o ano pasado. É o primeiro circuito estable de carreiras populares da cidade, que engloba tamén vellas probas, algunas das cales, como a clásica Nocturna do verán, empeza ter calendario estable dende o ano pasado. Este ano son 6 as probas que conformar o circuito

 
 
 

Presentado o “Correndo por Ourense” 2012, o circuito de carreiras populares da cidade

 

Seis probas de atletismo (a primeiro ano, o pasado, foron cinco) conforman o segundo Circuito de Carreiras “Correndo por Ourense” que foi presetnado polo concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, a coordinadora do CMD, Consello Municipal de Deportes, Marta Míguez, e o xerente do CMG, Manuel Rodríguez Mosquera, entre outros.
O calendario deste ano arranca este vindeiro domingo, 24 de abril, pola Carreira de O Vinteún.
A esta primeira careira seguirá o último sábado do mes de maio a Carreira de O Couto.

O 30 de Xuño chegará a Nocturna de Ourense que se celebrará a partires das nove da tarde-noite. Trátase dunha proba que xa existíu anos atrás, pero con moi escasa continuidade, e que a Concellería de Deportes recuperou o pasado ano.
Seguirá a esta o 27 de xullo da de A Ponte; o 30 de setembro a Carreira da Zona Universitaria e, para rematar, o 28 de outubro a do barrio de A Carballeira.

Será ao remate das seis probas cando se premie aos participantes segundo os resultados acadados no cómputo das probas do circuito, como xa o ocurríu o ana pasado na primeira edición.

Regulamento do Circuito de Carreiras
CORRENDO POR OURENSE 2012

Volver atras
Imprimir Página