2012, 29 de MAIO
 
 
 
 

O Club Ximnasia Pavillón clasificouse no primeiro posto das dúas categorías do Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica que se celebrou a última fin de semana deste mes de maio no Pavillón dos Remedios, quedando en segundo lugar, tamén nas dúas categorías, o Club Acordes de Narón e terceiras, tamén en sendas categorías, o Club Rías Baixas.

 
 

O Club Ximnasia Pavillón de Ourense, primeiro nas dúas categorías do Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica

29 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Club Ximnasia Pavillón ven de clasificarse no primeiro posto das dúas categorías do Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica que se celebrou a última fin de semana deste mes de maio no Pavillón dos Remedios, quedando en segundo lugar, tamén nas dúas categorías, o Club Acordes de Narón e terceiras, tamén en sendas categorías, o Club Rías Baixas.

Na competición individual de clubes, na que estaban presentes tódolos clubes galegos clasificados para o nacional, salientouse a ausencia por parte do Club Ximnasia Pavillón, da ximnasta junior Laura Gaela Méndez (subcampiona en cinta e terceira en aro no recente Campeonato Galego) e da alevín Eva Rebollo (subcampiona galega en corda e pelota), ámbalas dúas por lesión. Debido a estas ausencias o club da cidade non puido participar na competición por equipos nas categorías alevín e junior, nas que foran subcampionas e campeonas galegas respectivamente.

Na clasificación por aparatos, a alevín do Club Ximnasia Pavillón, Candela Sierra, quedou terceira clasificada en aro tras Brenda Romero do Club Acordes e Sandra Freire do María Barbeito.
Na categoría infantil, Raquel Romero, tamén do club ourensán  foi terceira en mans libres, empatada con Sara Cuesta do Club Acordes e tras Laura Pena e Alba Pita, ambas do Club Esquío. En aro Nerea Sastre, do Club Pavillón  foi segunda, tras Andrea Brozos e diante de Alba Pita, ambas do Club Esquío. En pelota as ximnastas pavillonistas Antía Vázquez e Nerea Sastre foron segunda e terceira respectivamente, tras a ximnasta do Club Esquío Andrea Brozos.
Na categoría junior Kelly Vanesa Ruales foi terceira en pelota detrás de Ana Jiménez do María Barbeito e Paula Pérez do Acordes.

Na clasificación por clubes na categoría infantil o Club Esquío foi primeiro clasificado; segundo clasificado o Club Galicia (composto por unha ximnastas pavillonista e dúas ximnastas do club Esquío, as tres por cesión temporal), o Club Ximnasia Pavillón obtivo tamén trofeo como terceiro clasificado nesta categoría.
A xornada completouse con exhibicións de varias ximnastas do Club Ximnasia Pavillón, Escola Pavillón, Escolas Municipai de Barbadás e Xinzo de Limia e colexio Miraflores. As estrelas foron os ximnastas máis pequenos da Escola Pavillón que levantaron os maiores aplausos da grada.

Volver atras
Imprimir Página