Exactamente igual que o ano pasado, acordo sí pero parcial porque non suscribe UU.AA., que é maioritario no Ribeiro, e porque o asinado non cubre, a decir do sindicato, a un 72% da uva producida lexítimamente nesta denominación de orixe.
Mentras a Consellería o da por bó, o sindicato asegura que os problemas serán os mesmos e aínda pode que máis dos que houbo e hai agora mesmo.
 
 
Acordo nos precios da uva de O Ribeiro pero, outro ano, sin Unións Agrarias
17 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

Para a Consellería de Medio Rural o asunto está zanxado: hai acordo para os prezos que rexirán a vindeira campaña de vendimas da comarca de O Ribeiro. O delegado da Consellería, Xosé Rodríguez Cid, resalta aínda por riba do acordo nos prezos fixados, o feito de que sete bodegas maís se acollan este ano aos chamados tamén contratos homologados para este denominación de orixe.
Segundo a Consellería, os "prezos fixados oscilan entre 1 euro e 1,30 euros/Kg en función da graduación, cun compromiso formal de retomar as negociacións antes de marzo de 2008 coa intención de asinar por un período a medio-longo prazo en condicións similares para darlle estabilidade á produción vitivinícola de calidade desta denominación de orixe".

Destácase así mesmo, que outro acordo acadado no foro, fóra de contrato homologado, contempla o mantemento das condicións de prezos semellantes ás da campaña anterior para a uva de xerez, que se sitúa entre 30 e 50 céntimos máis IVE en función da súa calidade.
" Este acordos enmárcanse na aplicación dunha política promovida pola Consellaría do Medio Rural baseada no diálogo co sector, mediante o establecemento de foros de interlocución para a negociación que, de forma progresiva, perseguen a concertación de prezos de referencia que garantan a consecución de rendas dignas para os viticultores, así como unha produción ordenada que favoreza a optimización dos recursos, a mellora dos canles de distribución e a promoción dos caldos de calidade", remata a nota de Medio Rural emitida ao respecto.

Unións Agrarias non suscribe

Pola súa banda, o sindicato Unións Agrarias recalca que o acordo producíuse sin a súa sinatura, xa que "se pactou un ano máis só contratos homologados para as variedades preferentes, pero non para as autorizadas, que son maioría na denominación". A falta de contratos homologados por escrito para as variedades autorizadas deixa "indefensos" ós viticultores, que terán que entregar as uvas 'a como vaian', sen saber nin canto nin cando van cobrar; en tanto as adegas poderán especular co prezo das uvas, asegura a organización sindical agraria. Algo no que UU.AA. xa viña insistiendo, pois aconteceu co acordo suscrito xa o ano pasado.

Razón pola que suliña este sindicato que "non se ttrata, por tanto, de que Unións Agrarias se descolgue dos contratos homologados, como quere dar a entender Medio Rural, senón de que o sindicato demanda contratos homologados para a totalidade das uvas", ao tempo que se anuncia que se estudian accións de protestas para as próximas semanas.
Segundo Unións Agrarias, "a Mesa decidiu manter os contratos homologados para as variedades de uva preferentes, igual que o ano pasado, pero renunciou a fixar por escrito garantías de prezos e de condicións para as variedades autorizadas, caso do jerez. As distintas partes da Mesa, coa oposición frontal de Unións Agrarias, mantiveron negociacións verbais para as variedades autorizadas, uns acordos que previsiblemente desembocarán en reiterados incumprimentos por parte das adegas, tal e como sucedeu no 2006", vaticina a organización de Carlos Basalo na comarca de O Ribeiro..

Por último, Unións Agrarias tamén quere chamar a atención sobre o feito de que algunha adega transmitiulle ós viticultores dificultades para recoller toda a produción de treixadura. Por tanto, "de reproducirse esta situación, estariamos ante a contradicción de que Medio Rural e as adegas din apostar en teoría polas variedades preferentes de uva, e de que logo na práctica houbera dificultades para garantir a recollida de toda a uvas das variedades preferentes", sinala a organización sindical.

Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital