"Hai orzamento suficente para a Escola Infantil de Maceda" e "compre darse prisa na construcción de novas escolas infantís". Estas son as dúas mensaxes claras que deixou a palamentaria do PSOE por Ourense, Laura Seara, cando esixiu a Escola Infantil de Maceda de inmediato.
Segundo a diputada limiá, o goberno da Xunta ten que correxir a traxectoria herdada do PP neste eido.
 
 
Laura Seara lémbralle ao socio en Santiago que "hai orzamento suficente" para a Escola de Maceda
17 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

En rolda de prensa, Laura Seara e a tenente de alcalde e responsable de Asuntos Sociais de Maceda, Ana María Rodríguez, insistiron na necesidade de que o concello conte de inmediato cunha Escola Infantil e salientaron as ventaxas socioeconómicas que tería para toda a comarca a súa posta en marcha.
Segundo Rodríguez a Escola Infantil "suporía un pulo importante para o desenvolvemento social e económico do Concello e axudaría a pais e nais a conciliar a súa vida laboral e familiar". O Concello de Maceda conta con preto de 66 nenos de entre 0 e 3 anos, número que se incrementa de forma considerable a o ter en conta aos nenos de esa idade dos concellos limítrofes. A concelleira asegura que os socialistas xa iniciaron os trámites precisos para que Maceda conte canto antes con esta infraestruturas e afirma que "o Concello cos terreos necesarios para comezar a instalación da Escola Infantil que tanto están a demandar os veciños".

Dende o Partido Socialista insístese en que a construción e posta en marcha de esta infraestrutura ten que ser inmediata e aseguran que existe orzamento suficiente para que así sexa. Laura Seara recorda que "Goberno Touriño incrementou nun 16% o orzamento adicado a asuntos sociais pero que hai que empezar a executalo de inmediato. Non se poden retrasar máis proxecto como os da Rede de Escolas Infantís que son de vital importancia para toda a sociedade". A secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE e portavoz parlamentaria da mesma materia, anunciou que pensa preguntar na Cámara Autonómica sobre a posta en marcha desta Escola Infantil de Maceda.

Valoración da Rede Galega de Escolas Infantís

A Rede de Escolas Infantís é un compromiso do Goberno da Xunta para corrixir unha situación herdada do Partido Popular de insuficiencia de prazas para a demanda existentes. Laura Seara recorda que "durante os Gobernos de Fraga, 80 de cada 100 nenos de entre 0 e 3 anos carecían de praza en escolas infantís. O PP nunca fixo unha planificación nos centros nin respetou os criterios de equidade , igualdade e distribución territorial en materia de educación e servizos sociais".

Para Seara "os beneficios da Rede Galega de Escolas Infantís son innegables; suporá un investimento de preto de 29 millóns de euros, asegura a creación de 6.000 novas prazas e prevé a xeración de 1.200 postos de traballo directos. Na actualidade a Rede conta xa cun Plan de Calidade e Mellora Pedagóxica".
Os socialistas lembran que dos 112 centros que formarán a Rede, 26 atópanse na provincia de Ourense, pero piden ao Goberno Galego que siga traballando na ampliación da Rede e que continúe apostando de maneira decidida po este proxecto.

Imprimir Página
 
  Laura Seara
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital