Un monte comunal e unha parcela do Parque Empesarial son os sitios escollidos por o Concello de Vilamarín para verter sin ningún tipo de control, como se poide ver nestas fotos.
O BNG dí que dixo o alcalde en pleno que, ademáis de que así é barato, a él lle gosta.
Os concelleiros nacionalistas piden ahora que o SEPRONA e a Consellería de Medioambiente "persigan este delito ecolóxico" e obliguen ao Concello a verter onde é debido.
 
 
O Concello de Vilamarín verte sin control porque é máis barato e ao alcalde góstalle, segundo dí o BNG
28 de SEPTIEMBRE de 2007: OURENSE DIXITAL

BNG de Vilamarín denuncia a que califica de "nefasta política medioambiental" que leva a cabo o goberno do PP neste Concello e, máis en concreto o seu alcalde, Amador Vázquez Vázquez. Segundos os edis nacionalistas Miguel Carballo e Manolo Fernández Novoa, "o monte en man común dos pobos de Pazos, Estrumil e Regueiros, así coma unha parcela do parque empresarial, son o escenario escollido polo rexedor para depositar os voluminosos desfeitos que se recollen nas parroquias do Concello". Entre outros, enumeran os concelleiros do BNG a presenza constatada nos vertedoiros improvisados de colchóns, electrodomésticos, neumáticos, bidós, e un longo etcétera.

Lembra o BNG que xa en anteriores lexislaturas este grupo municipal tiña solicitado a implantación dun Punto Limpo para depositar este tipo de residuos contaminantes. Petición que volveron a reiterar os concelleiros nacionalistas no pleno celebrado o pasado 24 de setembro, sendo a resposta do alcalde "alucinante", segundo os nacionalistas: "manifestou que ésta era a solución mais barata, e que ademais a él lle gostaba que este tipo de lixo se vira amoreado dese xeito".

Petición de axuda

Segundo o BNG, é necesaria a implicación do Concello de Vilamarín na preservación e xestión eficaz dun medioambiente axeitado ás condicións de vida dos cidadáns. "Porén a actitude do goberno do Partido Popular é un mal exemplo para os viciños/as xa que non fai mais que estimulalos a botar o lixo en calquera espazo", sinalan os edís Miguel Carballo e Manolo Fernández nun comunicado emitido ao respecto por este Grupo Municipal do BNG.
" Asemade, estes vertedoiros incontrolados están emprazados a carón de estradas moi transitadas o que leva a viciños doutros concellos a depositar neles calquera tipo de residuos", matizan.

O grupo municipal do BNG conclúe esixindo aos organismos competentes -SEPRONA e á Consellaría de Medio Ambiente- "que persigan este delito ecolóxico e obriguen ao Concello de Vilamarín a retirar os voluminosos e recuperar os espazos degradados".

Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital