Home  
 
 
 
 
 

Do 24 deste mes até o primeiro de febreiro, o BNG de Barbadás organiza unhas xornadas conmemorativas do Mes de Castelao. Durante as xornadas, que se inician coa conferencia do historiador Bieito Alonso sobre a vixencia do pensamento político de Castelao, exhibirase a exposición “Castelao e Nós: unha viaxe pola súa obra” que permanecerá até fin de mes no Local Social da Rúa Picouto nº 12 da Valenzá.

 
 

A Valenzá acolle desde este xoves unhas xornadas conmemorativas do Mes de Castelao que organiza o BNG

24 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Bloque Nacionalista Galego, celebra este xoves, día 24 de xaneiro, a partir das 20.OO horas o acto inaugural das xornadas conmemorativas do Mes de Castelao. Estas xornadas arrincan o propio xoves coa conferencia impartida polo historiador Bieito Alonso coa que se pretende realizar unha aproximación á vixencia política de Daniel A. Rodríguez Castelao.
Durante as xornadas, desde o día 24 de xaneiro até o día 1 de febreiro, permanecerá aberta ao público a exposición “Castelao e Nós: unha viaxe pola súa obra” a través da cal o BNG

pretende facer chegar ao público a traxectoria vital e a obra desta figura transcendental para a construcción do pensamento nacionalista galego alén de prolífico e polifacético artista e estudoso da realidade cultural, social e política de Galiza.

Estas xornadas terán lugar no novo Local Social situado na Rúa do Picouto da Valenzá, e, segundo os organizadores, "pretenden ser un espazo aberto e participativo para a convivencia, o encontro, o debate, en definitiva, un espazo que sirva para impulsar e revitalizar a vida cultural e social do concello de Barbadás". Ademáis, segundo o BNG, os nacionalistas de Barbadás queren inciar con estas xornadas "unha nova liña de traballo na que, sen esquecer o  papel institucional de principal partido da oposición, pretende facer a súa achega e contribución a iniciativas no ámbito cultural e social, ben sexa como organizador único, como neste caso, ou en colaboración con outras entidades e asociacións como agardamos realizar no futuro".

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital