Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciará este xoves, día 24 , un ciclo de Contacontos en centros educativos da cidade. Dirixidos a escolares de 1º e 2º de Educación Primaria, teñen como finalidade achegar á Literatura aos nenos e motivar á lectura a través da oralidade.
 
 

Empeza un ciclo de Contacontos para achegar a Literatura aos escolares de Primaria de Ourense

24 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Nas aulas dos colexios escenificaranse relatos centrados na temática “Contos do Mundo”. O primeiro centro onde se realizará a actividade será o CEIP José García, de Mende mañá, xoves, día 24 de xaneiro, ás 15:00 horas. En próximos días, o ciclo de contacontos desenvolverase tamén nos colexios Guillelme Brown, San Pío X e CEE Miño.

Esta actividade forma parte da Campaña de Animación á Lectura que desenvolve o Concello para fomentar o hábito de lectura entre os máis cativos. Lévase a cabo dentro do programa de actividades extraescolares, que desenvolve o Concello nos centros educativos, ofertando iniciativas de ocio e formativas para os nenos fóra do horario lectivo.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital