Home  
 
 
 
 
O director xeral de Ferrocarriles, Luis de Santiago, confirmou este xoves ao alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, que Fomento dará cumplimento á demanda que o rexidor ourensán lle trasladara o pasado 28 de novembro para realizar un trazado alternativo que retire ao AVE da cidade, realizando un novo proxecto distinto ao inicial  que aproveitaba o decurso da vía convencional polo centro de Ourense. Este novo proxecto contempla que a vía do ferrocarril discurra vinculada á nova do AVE, recuperando para a cidade de Ourense os espazos que actualmente ocupa.
 
 
 
Fomento acepta que o AVE vaia por fora da cidade e se retiren as vías actuais do tecido urbán
25 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Reunión calificada de "histórica para a nosa cidade", segundo o propio alcalde de Ourense, a que mantivo Francisco Rodríguez na mañá deste xoves en Madrid con técnicos de Fomento e co director general de Ferrocarriles. Á reunión do alcalde co director general de Ferrocarriles asistiu tamén, en representación da Xunta de Galicia, a directora xeral de Transportes, Mar Chao. Na xuntanza, os representantes e técnicos de Fomento expuxeron a posibilidade dun novo trazado para o AVE que, transcurrindo polo exterior da cidade, permita superar a fractura histórica que supuxo o ferrocarril para moitos barrios. Deste xeito, confirmouse ao rexidor municipal ourensán que Fomento dará cumplimento á demanda que se lle trasladara o pasado 28 de novembro para realizar un trazado alternativo que retire ao AVE da cidade, realizando un novo proxecto distinto ao inicial  que aproveitaba o decurso da vía convencional polo centro de Ourense. Este novo proxecto contempla que a vía do ferrocarril discurra vinculada á nova do AVE, recuperando para a cidade de Ourense os espacios que actualmente ocupa.

Este novo proxecto, alternativo ó redactado inicialmente por indicación dos anteriores gobernos da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense –que pasaba íntegramente polo interior da cidade-, transcorrirá por fora do núcleo urbano ata a Estación Empalme, que continuará mantendo o seu carácter de estación central de Galicia para a Alta Velocidade, e ademáis contará cun deseño intermodal.

Vías en paralelo

Nembargantes, a novidade máis importante do novo proxecto que prepara Fomento é o deseño conxunto das vías do AVE e do ferrocarril convencional e de mercancías, o que permitirá liberar o solo do moitos barrios da cidade, actualmente afectadas polo paso do tren, como San Francisco, Os Rosais, zona da Residencia, Barrocás, As Lagoas,  etc.
En palabras do alcalde, Francisco Rodríguez, este novo proxecto constitue “un fito histórico para a cidade de Ourense, que por primeira vez dende a chegada do ferrocarril poderá curar a ferida que supuxeron as vías”.

O rexidor ourensán destacou o importante esforzo realizado polos técnicos do Ministerio de Fomento para poder dar una solución ás demandas “da millor integración posible da liña de alta velocidade na trama urbana” que se lle esixía dende tódolos sectores da sociedade ourensana, e o esforzo presupuestario adicional que esto supón.
Neste sentido, o rexidor ourensán afirmou que a nova redacción elevará o custe do proxecto “mutiplicando o seu precio por catro”, o que supón “forzar ó límite as posibilidades técnicas e presupuestarias do ministerio”.

Mantéñense os plazos

Sobre a incidencia deste logro dun novo trazado nos prazos de chegada do AVE a Ourense, cifrados polos diversos compromisos dos gobernos central e autonómico en 2012, o alcalde incidiu en que o proxecto alternativo “non só non afectará, senón que incluso facilitará a súa execución, o poder manter intactas as vías convencionais mentras se executan as novas para o AVE e o tren normal”.

Finalmente, o alcalde deu conta dos procesos que iniciará agora a redacción da nova alternativa, que pasan por iniciar as necesarias consultas medioambientais co Ministerio de Medio Ambiente, plasmalas nunha memoria que se remitirá a Fomento, onde se redactará un primeiro estudo informativo –que inclue o estudo de impacto ambiental-, e logo, trala exposición pública do proxecto por espacio dun mes, materializar o proxecto constructivo en sí.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital