Home  
 
 
 
 

Alex Sánchez Vidal

 
 

Tenencia de Alcaldía e Infraestructuras do Concello de Ourense anunciaron este xoves un ambicioso proxecto para esta cidade con cargo ao Plan Urban, que suporía unha inversión do orde dos 14 millóns de euros, 12 millóns en inversión pública e os 2 restantes en inversión privada. Un dos obxectivos do proxecto sería que Ourense acadase o primeiro posto das cidades termais de Europa e de España, no primeiro dos casos hoxe en día en poder de Budapest.

 
 

As concellerías do BNG desenrolan un proxecto ambicioso para o Urban dun total de 14 millóns de euros

 
25 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Varios departamentos dos que xestiona o BNG no Concello de Ourense, atópanse implicados nun ambicioso, amplo e costoso plan de desenvolvemento integral da cidade de Ourense. Tan amplo como que vai dende actuacións en materia de termalismo -preferentes para o tenente de alcalde, Alex Sánchez Vidal-, até vivenda, rehabilitación de inmobles simbólicos (como é o caso de La Molinera) e intervencións tanto de índole medioambiental como en espazos públicos.
Sin embargo, os responsabeis nacionalistas no Concello de Ourense non negaron que a perla do proxecto serían as actuacións en materia de termalismo, e o obxectivo preferente á acadar o de convertir a cidade das Burgas no primeiro referente das cidades termais de toda Europa. Rango que na actualidade ocupa a capital húngara de Budapest, mentras que a de Ourense é a primeira de España e a segunda europea.

O proxecto que se plantexará a Bruselas, coas actuacións adecuadamente detalladas e os proxectos debidamente desenrolados, contempla unha inversión final de 14 millóns de euros, dos que 12 serían para inversión pública e os dous restantes en inversión privada. Neste proxecto, unha vez fora aprobado, trataríase de que se implicaran tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central.
Algunhas das previsións contempladas están destinadas a reforar a recuperación medioambiental do Barbaña e o regato dos Ponxos na zona dos Pozos do Inferno. No seu entorno, contemplase tamén a rehabilitación do edificio de La Molinera para convertilo nun espacio cultural. Asemade o proxecto tanto intervencións en espazos públcios como en materia de vivenda, neste caso nas áreas de A Carballeira, O Polvorín e As Camelias.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital