Home  
 
 
 
 
  O Auditorio Municipal de Ourense é o escenario no que Caixanova presentará o musical “Robin Hood”, dirixido por Xosé Lueiro.
Este domingo, 24 de febreiro, ás 18.00 horas, con entrada única a 5 euros.
 
 
Caixanova trae o musical Robin Hood ao Auditorio de Ourense este domingo
26 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A obra, con música orixinal de Xosé Lueiro, que tamén se encarga da dirección, estará protagonizada por Nuria Sanz, Patricia Vázquez, Rocío González, Ana Puente e Fran Ameixeiras.
Trátase dun espectáculo onde a parte musical adquire case tanto protagonismo como a parte meramente teatral. Oito cancións de estilo pop protagonizadas polos cinco actores que dan vida aos personaxes, e que desenrolan unha xeira de coreografías que destacan pola sua orixinalidade.

Tomando o bosque como nexo de unión, esta é unha función de teatro para toda a familia, que reinterpreta o mito procurando conservar a esencia orixinal deste clásico da literatura infantil dun modo innovador. Para elo, na obra a parte musical adquire case tanto protagonismo como a teatral. Conta con oito incribles cancións de estilo pop protagonizadas polos cinco actores que dan vida aos personaxes.

Moitas familias ourensanas tendrán a oportunidade de disfrutar dun xénero, o da comedia musical,  que ata agora non tiña referentes inmediatos na escena galega; para iso a compañía conta en calidade de asesora de dirección e producción, da directora da compañía de teatro familiar madrileña Wonderland Producciones, responsable  de musicais coma Merlin, el encantador, El Zorro, El Arca de Noé, Queen: we will rock you, Fama, etc.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital