Home  
 
 
 
 
 

A Concellería de Educación e Universidade do Concello de Ourense pón en marcha dende este sábado, día 26, o I Torneo de Convivencia entre Barrios. Unha iniciativa que ten como obxectivo que os nenos dos diferentes barrios da cidade de Ourense se reúnan unha vez ó mes para celebrar non só unha festa deportiva, senón que tamén sexan felices consigo mesmos e cos demais compañeiros.

 
 
Bota a andar o I Torneo de Convivencia entre Barrios da cidade
26 de XANEIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Na actividade, consistente nun Torneo de Fútbol Sala participan 130 escolares dos barrios de Vistahermosa, Barrocás, Santa Teresita, Mariñamansa e A Carballeira.

As actividades da mañá deste sábado desenvolveranse no CEIP Vistahermosa. Haberá partidos ata as 13:00 horas, cando terá lugar a entrega de premios e agasallos aos participantes, á que asistirá a concelleira de Educación do Concello de Ourense, Ana Garrido. A actividade continuará o día 16 de febreiro en A Carballeira e, en meses

sucesivos, en Os Rosais, Mariñamansa e Santa Teresita.

A actividade pretende aproveitar o papel que xoga o deporte como medio importantísimo no mundo da educación, que posúe uns valores sociais e psicolóxicos, ademais de deportivos, que gardan unha estreita relación entre si e onde o nivel de interrelación é máximo, ó tempo que fomentar a alegría, a convivencia, o compañeirismo, o respecto, a cooperación, e o achegamento entre os distintos barrios.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital