Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense expropiará duas fincas que serán precisas para contruir a glorieta na que rematará a rúa Marcelo Macías. Son dúas parcelas que custarán 67.000 euros que o Concello porá á disposición da Xunta o antes posible para que así poidan acometerse os traballos.
 
 
O Concello obtén os terreos que permitirán construir unha glorieta ó remate da rúa Marcelo Macías
11 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou definitivamente na súa xuntanza deste xoves o proxecto de expropiación dos terreos necesarios para a construcción dunha glorieta ó remate da rúa Marcelo Macías.
Trátase concretamente, de dúas fincas que, de acordo coas valoracións realizadas polos técnicos do Servicio de Urbanismo do Concello, serán expropiadas por un importe total de 67.758,33 euros.

Unha vez adquiridos estes terreos, o Concello poraos á disposición da

Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia que, conxuntamente co Ministerio de Fomento, acometerá a construcción da glorieta.
Esta infraestructura forma parte dos traballos de mellora deste importante acceso á cidade tendentes a facer máis fluido o tráfico e permitir a desconxestión desta arteria de entrada e saída a Ourense.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital