Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  Trinta mozos ourensáns disfrutarán este verán dunha estadía en países europeos e realizarán prácticas en empresas co apoio das bolsas Leonardo da Vinci, que convoca a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Tódolos interesados poden realizar a preinscrición a partires deste luns ata o día 21 de maio.
 
 
A Concellería de Educación convoca as "Becas Leonardo" para prácticas en empresas de 5 países europeos
6 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

As prazas están dirixidas a mozos e mozas desempregados con titulación de  Formación Profesional ou universitaria, ou estudantes que cursen ciclo superior de Formación Profesional.
Ofértanse 5 países de acollida: Irlanda (Derry), Italia (Florencia), Portugal (Lisboa), Francia (Burdeos), República Checa (Praga), con 6 prazas para cada un dos países.

As becas teñen unha duración de 12 semanas e inclúen, tres semanas de curso lingüístico no país de destino, nove semanas de prácticas non remuneradas

en empresas europeas, viaxe de ida e volta ó país de destino, recollida no aeroporto á chegada e aloxamento. Ademais a supervisión e titoría durante toda a estancia será pro conta das organizacións de acollida nos países de destino.
Os participantes sairán de Ourense o día 28 ou 29 do mes de setembro e regresarán o 21 de decembro.

Para solicitar as prazas, os interesados deberán presentar unha instancia no Rexistro Xeral do Concello, na que figuren o centro no que cursan estudos, documentación que acredite a súa titulación, en caso de estar rematada, fotocopia do DNI. Tamén deberán nomear como mínimo tres cidades por orde de preferencia. A entrevista ós candidatos será o día 3 de xuño ás 9:30 horas nas oficinas da Concellería de Educación.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital