Home  
 
 
 
 
  O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a presentación da VII edición do Certame de Artes plásticas que convoca esta institución e que está dotado con 14.000 euros en premios, tendo como destinatarios os artistas menores de 30 anos.
 
 
A Deputación de Ourense convoca a VII edición do seu Certamen de Artes Plásticas para menores de 30 anos
9 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este certame admite todo tipo de traballos e disciplinas artísticas incluíndo pintura, escultura, gravado, video, arte dixital, instalacións etc...
Os traballos deben remitirse ó Centro Cultural da Deputación de Ourense (rúa Progreso,30-32003 Ourense) antes do día 31 de maio. Posteriormente un xurado de especialistas asignará os premios, un primeiro dotado con 6.000 euros, un segundo dotado con 4.000, un terceiro premio dotado con 2.000 euros e dous accésit de 1.000 euros cada un.

Ademáis das obras premiadas, o xurado realizará unha selección entre as obras presentadas que formarán parte dunha exposición e dun catálogo que se editará no mes de setembro.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital