JOSE CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a XIX Campaña de Animación á Lectura dirixida a escolares de 1º a 4º curso de Primaria dos centros educativos na cidade. Ata o día 12 de xuño, 2.000 nenos visitarán a exposición titulada “Contos do mundo”, no Instituto Otero Pedrayo. A mostra ten como obxectivo amosar ós alumnos unha visión diferente da lectura e traballala afición a través das diversas culturas.
 
 
Dous mil escolares de primaira está previsto que participen ata mediados de xuño na XIX Campaña de Animación á Lectura
13 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Segundo sinala a Concellería de Educación, esta exposición consta de dúas partes.
A primeira é a motivación teatral para o fomento da lectura, dirixida por monitores, caracterizados de personaxes de distintas culturas. Sinala a Concellería de Educación que dirixe Ana Garrido, que durante o horario escolar grupos de escolares visitarán este espacio lúdico, onde realizarán unha visita guiada polos cinco continentes. Comezarán cun recibimento dos personaxes que os acompañarán na viaxe e a entrega dun

pasaporte que será selado tras o paso por cada un dos espazos. O percorrido inclúe a escoita de músicas africanas, a búsqueda nos libros de contos de Oceanía, a narración dunha historia chinesa, o descubrimento das diferencias entre as dúas Américas ou a participación na “Ceremonia do Té”. Con esta actividade preténdese facer da lectura unha ferramenta de traballo que facilite a vida nunha socidade plural, nun espacio transformado onde a viaxe convértese nun descubrimento das diversidades culturais.

A segunda é a biblioteca, na que os nenos poderán ler os últimos títulos da literatura infantil e xuvenil. As monitoras, a través de distintas actividades motivarán ós nenos á lectura. Nesta zona tamén se expoñen os traballos realizados polos escolares de infantil e primaria ó longo do curso escolar.

Encontro de mestres

Paralelamente a esta actividade e no mesmo lugar, ten lugar unha actividade complementaria chamada “Encontros de mestres” dirixida a profesores de Educación Infantil e Primaria, na que se amosarán distintas técnicas expresivas: vocais, dramáticas e comunicativas para contar contos. A actividade será impartida por unha monitora especializada en animación á lectura, tódolos mércores de 18:00 a 20:00 horas durante o mes que dura a exposición.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital