Home  
 
 
 
 
O Grupo do PSOE na Deputación de Ourense volve solicitar ó presidente, Baltar Pumar, relación do persoal contratado no que vai deste ano, ó tempo que denuncia que, despois de facelo o pasado día 3 de abril, a Deputación deu a calada por resposta. O deputado socialista José Luis Pérez García se pregunta por qué Baltar "está a poñer atrancos" e por qué "garda con tanto recelo a relación de persoal contratado", e advirte que "faremos a mesma petición cantas veces sexa necesario".
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
José Luis Pérez García
O PSOE di que si Baltar lle nega a lista de persoal contratado neste 2008, é para non descubrir "a súa faceta de cacique"
14 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

"Estamos seguros de que esa lista desvela que Baltar é, como el mesmo se definiu, un cacique rancio", sinala o deputado socialista e alcalde de Vilardevós, José Luis Pérez García, despois de denunciar que coarenta días despois de que lle fora solicitada, o presidente da Deputación de Ourense sigue sin aportar ó Grupo do PSOE a relación de persoal contratado no que vai de ano.

Sinala Pérez García que o día 3 do pasado mes de abril se lle fixo formalmente a petición de "relación de persoal contratado polo ente provincial dende xaneiro de 2008 ata día de hoxe, coas función que realiza cada un deses traballadores". Ata o día de hoxe, segundo Pérez García, tal relación no se lle facilitou ó Grupo Socialista.
O deputado recórdalle á Baltar Pumar que "o grupo socialista ten dereito a saber quen traballa para o ente provincial e cal é a labor que realiza cada traballador", e advirte que "do contrario, veriámonos na obriga de denuncialo".

En calquera caso, os socialistas sospietan que "se esa lista non se fai pública é porque Baltar sabe que, unha vez máis, podería quedar descuberta a sú faceta de cacique e os criterios de amiguismo e partidismo que empregan na selección de persoal da Deputación". Xa que, "se non houbera nada que esconder, Baltar xa houbera remitido esa relación", sinala Pérez García.
O deputado socialista di estar seguro de que "esa lista desvela que Baltar é, como el mesmo se definiu, un cacique rancio".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital