Home  
 
 
 
 
Difundir entre a sociedade as posibilidades de mellora das prestacións, da habitabilidade e do confort de edificios e vivendas a través da redución do consumo e do emprego de fontes de enerxías limpas, é o principal obxectivo da “II Xornada de Divulgación das Enerxías Renovables” que se celebrará en Expourense o vindeiro venres 16 de maio.
 
 
 
Este venres celébrase na Expourense a "II Xornada de Divulgación das Enerxías Renovables"
15 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL

Patrocinada pola Consellería de Vivenda e Solo, esta xornada está orientada tanto a profesionais como a público xeral, e nela falarase das novas formas da eficiencia enerxética en vivenda nova e rehabilitada. Tendo en conta que a maioría das vivendas novas son adquiridas antes de iniciarse a súa construción, evidénciase a necesidade de poñer a disposición do consumidor mecanismos que minimicen os riscos do adquirente dun ben que aínda non existe. Para abordar este tema achegarase ata Expourense o subdirector xeral de Calidade e Habitabilidade, Ignacio Cerrada Gonzalo, quen indica que “a certificación enerxética de edificios ten como un dos seus obxectivos tratar de garantir a veracidade da información que, regulamentariamente, o promotor ou arrendador debe achegarlle ó comprador ou ó arrendatario”.

Ademais da Administración, nesta “II Xornada de Divulgación das Enerxías Renovables” achegarán a súa experiencia varias empresas do sector como Gas Natural ou T-Solar Global S.A. A primera delas, representada por José Martínez Baldo, do Departamento de Xestión Enerxética e Renovables de Gas Natural, ofrecerá unha ponencia sobre “A situación actual e perspectivas da enerxía solar en España”. Pola súa parte, Jordi Andreu, director de Tecnoloxía de T-Solar Global S.A. (empresa con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas) falará sobre a “Tecnoloxía de paneis fotovoltaicos en capa delgada” e explicará de qué xeito estes paneis de silicio, construídos por esta empresa, contribúen á diminución dos custos de xeración de enerxía eléctrica en prantas fotovoltaicas.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital