Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, dentro do programa de prevención do consumo de alcohol, organiza un Obradoiro de Intervención preventiva nas autoescolas. O obxectivo desta actividade é sensibilizar e apoiar ós profesionais da educación viaria no seu papel fundamental para facer comprender ós conductores a incompatibilidade entre o consumo de drogas e a conducción.
 
 
Prepárase un obradoiro de intervención preventiva nas autoescolas para evitar o consumo de alcohol
15 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O obradoiro, de carácter teórico-práctico, será o día 6 de xuño, de 17 a 21 horas, no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Ourense e será impartido por Manuel Isorna, psicólogo, coordinador do Plan de Prevención de Drogodependencias de 6 concellos galegos. Esta actividade forma parte do programa “Ourense, Concello Saudable”, que desenvolve a Concellería de Sanidade do Concello.

Tódolos interesados poden realizar a inscrición gratuítamente ata o día 30 de maio, na Concellería de Sanidade. O obradoiro está dixirido a profesionais das autoescolas, centros de formación de transportistas, centros de recoñecemento de conductores e formadores en educación viaria e saúde do Concello de Ourense.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital