Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Servizos Sociais dirixida pola socailista Ana María Rodríguez apostou, este ano, pola implicación de todos os colexios na celebración do Día das Letras Galegas. A Concellería financiará as actividades que os centros educativos elixiron para celebrar o 17 de maio.
 
 
O Concello de Maceda invita a tódolos centros escolares a celebrar o Día das Letras Galegas dun xeito distinto
15 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A concellería de Servizos Sociais trasladou aos centros de Maceda a posibilidade de celebrar o Día das Letras Galegas dunha forma distinta á de anos anteriores e reswpetando sempre  a autonomía didáctica de cada centro. Así,  cada escola elixiu unha actividade que será financiada ou co-financiada pola concellería.
“Cada centro de Maceda –explica Ana María Rodríguez- celebrará o 17 de maio dun xeito diferente, elixido por cada centro. Mentres uns elixiron realizar obras de teatro ou facer sesións de conta contos, outros preferiron adquirir material didáctico para que os alumnos o poidan consultar cando o desexen ou o precisen”.

Os diferentes actos celebraranse  os días 15 e 16 de maio en cada centro, tentando deste xeito que a celebración da data se integre na planificación  académica dos centros, “o que consideramos positivo non só para os alumnos e alumnas senón para toda a comunidade escolar”, sinala a concelleira de Servicios Sociais do Concello de Maceda.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital