Home  
 
 
 
 
  "A Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza está a abordar traballos de rehabilitación e reurbanización de espazos públicos urbanos en colaboración cos Concellos mediante unha liña de axudas específica destinada a esta finalidade", sinala o Grupo do BNG no Concello de Xinzo que lle suxire ao de Goberno esta fórmula para rehabilitar as prazas de Santa Mariña e de Carlos Casares.
 
 
O BNG solicita ao Concello de Xinzo que rehabilite as prazas de Santa Mariña e de Carlos Casares.  
5 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Grupo Municipal do BNG de Xinzo dice ter coñecemento das inquedanzas dos veciños do grupo Santa Mariña de Xinzo ao respecto da praza situada no interior deste bloque de vivendas. "Trátase dun espazo público ubicado en pleno centro urbano que nunca foi obxecto de ningunha intervención especial dende a súa construción e que, actualmente, se atopa nun estado de deterioro froito deste abandono", sinala o portavoz nacionalista, Amadeo López Penín, que recorda que "ademais aínda posúe restos de simboloxía franquista que solicitaremos sexan retirados en aplicación da Lei da Memoria Histórica".

Por outra banda, o portavoz nacionalista pensa que, logo da construción do aparcadoiro soterrado, é imprescindible abordar á maior brevidade posible o remate da Praza de Carlos Casares, "un espazo que debería ser emblemático para o pobo de Xinzo dada a súa ubicación física, fronte á Casa da Cultura e ao carón da Casa do Concello, e a importancia senlleira da figura a quen está adicada", sinala o portavoz do BNG.
Os nacionalistas consideran que estas actuacións se enmarcan plenamente nos obxectivos das liñas de actuación da Consellaría e, dado que non nos consta que a día de hoxe se presentase solicitude algunha ao respecto por parte do Grupo de Goberno do PP, veñen de rexistrar unha moción para que o Concello solicite á Consellaría de Vivenda e Solo a intervención nestas prazas.


Volver atras
Imprimir Página