Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Isabel Pérez, concelleira de Cultura

 
  O Museo Municipal de Ourense, en colaboración coa Concellaría de Cultura, inaugurou a exposición “ Os nosos fondos”, unha retrospectiva dos fondos privados desta institución.  A mostra recolle máis de trinta pezas, todas elas  datadas entre os anos 60 e 80, as primeiras que adquiriu o Museo. Concello e Museo fan unha invitación abierta a tódolos ourensáns a disfrutar dos fondos privados do Museo Municipal de Ourense.
 
 
Ata finais de setembro, o Museo de Ourense invita a tódolos ourensáns a desfrutar dos seus fondos privados  
18 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

Esta exposición, que estará nas salas 1 e 2 do museo ata o 28 de setembro, será a a primeira dunha serie coa que a súa dirección aspira a amosar aos ourensáns a riqueza dos seus fondos artísticos.
Son 1182 obras as que irán saíndo a luz nos próximos meses de xeito cronolóxico.
Esta primeira colección corresponde ás pezas adquiridas entre os anos 60 e 80, cando o Museo Municipal aínda se atopaba no actual edifcio da Biblioteca Nodal, na rúa Concello.  

Na mostra que se poderá visitar desde este xoves destaca a “Estampa Galaica” de José Seijo Rubio, a obra que inaugurou o catálogo do Museo. Polo demais, trátase de 33 pezas, 23 lenzos e 10 esculturas. Na plástica atopamos os nomes  de Manuel Prego de Oliver, Xosé Conde Corbal, Cándido Fernández Maza, Luis Trabazo ou Virxilio, entre outros, e na escultura cómpre salientar a Ramón Conde, Arturo Baltar, Xosé Cid, Acisclo Manzano, Buciños, ou o recentemente finado Luis Borrajo.  Unha mostra ampla que recolle o mellor da produción artística ourensá daqueles anos. 

Na presentación, a directora do Museo, Eva Torres, agradeceu o apoio da Concellaría para a organización desta mostra “pequena, pero luxosa” coa que o museo convírtese “no de tódolos ourensáns”.
Pola súa parte, a edil de Cultura, Isabel Pérez, declarou sentirse fondamente orgullosa dunha exposición “na que está representado o mellor da nosa cidade, o que fumos e imos ser”.
“Trátase dunha oportunidade magnífica para os amantes do arte e para tódolos ourensáns” - declarou -  “xa que aquí obsérvase a evolución da arte e de nós mesmos. Estas obras son a memoria viva dun tempo que xa pasou, e ademais de valor artístico tamén teñen valor etnográfico.”  
 
A responsabél de Cultura tamén quixo destacar o propio edificio do museo “que ten en si un valor extraordinario”. O actual Museo Municipal é a antiga casa nobre dos Méndez Montouto, un edificio renancentista do século XVI ubicado no cerne da cidade antiga, o carón da Catedral. No  ano 1985 sería restaurado e acondicionado polo arquitecto madrileño Fernández de Castro López para o seu uso actual.                                                               

                              


Volver atras
Imprimir Página