Home  
 
 
 
 
Os verquidos non autorizados que sobre as augas do río Búbal se produciron o febreiro pasado, son os causantes da tramitación de expediente sancionador pola Confederación Hidrográfica do Duero contra a administración local de Monterrei, segundo vén de informar Amigos da Terra. Agora, a entidade ecoloxista anuncia que vai solicitar á Área de Réxime de Usuarios da CHD que se lle envíe escrito da resolución que recollerá, segundo Amigos da Terra, a sanción da que finalmente deberá facerse cargo o Concello por verquidos non autorizados. Recorda Amigos da Terra que esta mesma situación non mereceu actuación algunha por parte da delegación da Consellería de Medio Ambiente en Ourense.
 
Noticias Relacionadas
  Persoal da Confederación del Duero inspeccionou os verquidos que se fan ao Búbal en Monterrei
  ADEGA denuncia un importante vertido de aguas residuales de Vilaza y Albarellos (Monterrei) al río Búbal
 
 
 
O Concello de Monterrei podería ser sancionado polos verquidos ao río Búbal do mes de febreiro pasado
31 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Confederación Hidrográfica del Duero, quen enviou ao lugar dos feitos persoal especializado o propio día no que se detectaron e denunciaron os verquidos por Amigos da Terra, xirou boletín de denuncia contra o concello de Monterrei “dando lugar á incoación do expediente sancionador que actualmente se atopa en tramitación”, segundo afirman dende a Confederación a Amigos da Terra.
A entidade ecoloxista vai solicitar á Área de Réxime de Usuarios do citado Organismo de Conca lle envíen escrito da resolución que recolle a sanción da que finalmente deberá facerse cargo o concello por verquidos non autorizados.
O pago dunha multa, a subsanación e reparación do entorno natural e fluvial da zona como vítimas dos verquidos e, finalmente, a revisión das instalacións que presuntamente provocaron a desfeita ambiental en Monterrei, puideran ser algunhas das premisas principais que recolle o expediente sancionador, sinala Amigos da Terra.

Recorda a organización ecoloxista que no mes de febreiro, inmediatamente despois de ter coñecemento do verquido, Amigos da Terra interpuxo denuncia ante uns feitos que a entidade cualificou coma “unha irresponsabiliade administrativa que provocou unha afección ambiental considerable a unha paraxe coma é o río Búbal, afluente do Támega, que é Lugar de Importancia Comunitaria segundo a lexislación europea”.
A Consellería de Medio Ambiente de Ourense, quen tamén recibiu denuncia remitida pola asociación ecoloxista, non tramitou ningún tipo de expediente sancionador contra o Concello e informou que os axentes de conservación da natureza que se achegaron ao lugar observaron a “existencia de verquidos de augas no río Búbal, procedentes da rede de sumidoiros do concello de Monterrei, como consecuencia das obras dun aliviadeiro”, aliviadeiro que conectaba mediante unha tubaxe soterrada directamente co río. Unha avaría provocou un atasco na rede e as augas residuais remataron no río Búbal.

Amigos da Terra, ante uns feitos que teñen certa habitualidade na comunidade galega, cuestiónase o factor atenuante establecido legalmente e así, Montse Valencia, asesora xurídica do colectivo ecoloxista denuncia “os casos fortuitos deixan de selo cando hai unha mínima posibilidade de que se poidan producir e evitar mediante previsións e revisións que, normalmente non se fan ata logo de teren acontecidos os feitos”.

Volver atras
Imprimir Página