Home  
 
 
 
 
"SEAGA, o chiringuito empresarial que a Consellería de Medio Rural creou para ir traspasando a ela as actividades contraincendios e  de traballos forestais, que realizaban o persoal contratado directamente pola Xunta de Galicia,  dirixe o seu persoal cuns métodos autoritarios e fora de toda lóxica".  Así o denuncia Comisións Obreiras ao terse constancia e firmeza da sanción imposta por SEAGA a unha brigada que parou nun supermercado para mercar pan e viandas para facerse unhos bocadillos. O caso deuse en Carballo, provincia de A Coruña, pero o sindicato Comisións Obreiras alerta en toda Galicia dos métodos da empresa que se fai cargo de boa parte do servizo de extinción dos incendios forestais este verán.
 
 
 
Comisións Obreiras alerta en toda Galicia dos métodos "autoritarios e fora de toda lóxica" cos que actúa SEAGA
31 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

"Os traballadores e traballadoras de Seaga, protagonistas da conservación dos nosos montes, son tratados coma persoas vagas mentras non se demostre o contrario, así é o parecer do persoal ante o maltrato que están sufrindo polos xestores da empresa", sinala Comisións Obreiras despois de ter constancia da sanción imposta a traballadores dunha brigada de extinción de incendios forestais.
A sanción foille imposta ao pararse nun establecemento para facer provisión de viandas, entre elas pan, para facer bocadillos. A brigada tivo a mala sorte de dar no interior do establecemento cun xefe de SEAGA, que automáticamente instruíu a correspondente sanción de suspensión de emprego e soldo a tódolos integrantes da brigada, maior no caso do xefe e responsable da mesma.  

"Estes xestores preocúpanse de cuestións nimias, coma prohibir comprar no horario laboral uns bocadillos, pero dalles o mesmo que o persoal vaia a vixiar os montes de noite, sen lanternas", denuncia Comisións Obreiras.  

O sindicato denuncia que os mesmos que sancionan aos traballadores por comprar o imprescindible para facer unhos bocadillos, "obrigan ao persoal á ter posto durante todo o horario laboral, incluso no seu momento de descanso, a roupa de traballo (funda e botas), independentemente do tipo de actividade que estén realizando. Pero non poñen o dispor dos traballadores e traballadoras instalacións axeitadas para vestiarios, polo que teñense que ir, en moitas ocasións, a cambiarse á sua casa. Incluso a día de hoxe o persoal descoñece que quendas de traballo (maña, tarde e noite) deben realizar no mes de agosto e en que días concretos deberán traballar, o que atenta contra a sua saúde e a conciliación da vida familiar e laboral".  
Situacións que, recorda Comisións Obreiras, ten denunciado este sindicato á Inspección de Traballo.

Volver atras
Imprimir Página