Home  
 
 
 
 
  A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza e mais a Dirección Xeral de Cooperación Exterior organizan a mostra “Achégate!”, que estará aberta ao público ata o 11 de setembro no Centro Comarcal "Terras de Trives". A exposición complétase coa actuación dun contacontos e coa organización de charlas relacionadas co traballo das ONGs e a cooperación internacional.
 
 
Achégate! chega ó Centro Comarcal "Terras de Trives" onde permañecerá ata o día 11 de setembro
27 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A exposición fotográfica “Achégate!” que está a percorrer a rede de centros comarcais de Galiza durante este ano 2008 alcanza nesta ocasión a comarca de Trives, ubicándose precísamente no Centro Comarcal "Terras de Trives" ata o vindeiro 11 de setembro. A mostra pretende amosar os proxectos que está a desenvolver a Cooperación Galega en países de África e de América Latina. Esta actividade completarase coa actuación dun contacontos e coa organización de charlas informativas sobre o traballo das ONGs e mais da cooperación internacional.

Na sede do Centro Comarcal de Terra de Trives, na Pobra de Trives, a exposición estará aberta ao público en horario de 10.00 a 14.30 h e de 16.00 a 19.00 h. de luns a venres, e os sábados pola mañá entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Despois de pasar por Terra de Trives, a exposición viaxará a comarca da Paradanta, do 16 ao 30 de setembro, e volverá a terras de Ourense para estar no Carballiño do 3 ao 19 de outubro e nas Terras de Celanova do 1 ao 15 de decembro, segundo xa adiantan os organizadores deste evento.

 
Volver atras
Imprimir Página