Home  
 
 
 
 
  Amigos da Terra anuncia que, por cuarto ano consecutivo, dancomezo as actividades de Educación Ambiental para nenos e n enas do Concello de Ourense. Segundo os organizadores, "a sensibilización é un principio básico desta organización para lograr un cambio na cidadanía". As actividades comezarán este sábado, día 6, a partires das once da mañá.
 
 
Dan comezo por cuarto ano consecutivo, as actividades de Educación Ambiental de Amigos da Terra
4 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este sábado dan comezo as actividades de Educación Ambiental que, por cuarto ano consecutivo, organiza o colectivo Amigos da Terra. As actividades terán lugar en horario de once da mañá a unha da tarde.
En ditas actividades os nenos e nenas poderán aprender a protexer o medio ambiente a través de diferentes obradoiros, xogos e dinámicas, a idea é que de xeito lúdico os rapaces e rapazas se sensibilicen e adquiran coñecementos sobre os problemas ambientais de forma básica e ao mesmo tempo divertida.

Haberá obradoiros, para os que se utilizarán, principalmente, materiais de

Judith Sing
refugallo para transmitirlles a importancia da redución do lixo e que vexan todos os xogos que se poden elaborar sen mercar apenas nada.

Amigos da Terra anima aos pais e nais a inscribir os nenos e nenas nestes obradoiros que se desenvolverán todos os sábados na Biblioteca Pública de Ourense, Rúa Consejo Nº 13.
A inscripción pode formalizarse a través do teléfono 988 374 318, ou ben pasando pola oficina de Amigos da Terra na Rúa Concordia nº 20 – 2 esquerda.
 
Volver atras
Imprimir Página