Home  
 
 
 
 
A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou este xoves o proxecto de saneamento do río Barbaña no seu tramo urbano entre O  Pozo do Inferno e a rúa Carriarico, o que, segundo o propio Goberno de Ourense, "permitirá rematar cunha das asignaturas pendentes de cara á recuperación deste cauce fluvial que cruza a cidade". A solución que plantexan os técnicos para este tramo do Barbaña é a de ubicar dous bombeos en cada extremo da conducción, dado o angosto do treito entre as edificacións e o río e a considerable profundidade de zanxa que sería preciso facer que faría preciso, incluso, as voladuras.
 
 
 
Autorizada a proposta para sanear o Barbaña entre O Pozo do Inferno e Carriarico: un bombeo en cada extremo
5 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense deu na súa reunión semanal deste xoves, o visto bo o proxecto técnico "Saneamiento da marxe esquerda do Barbaña entre Pozo do Inferno e a rúa Carriarico", que suporá a eliminación dos verquidos no cauce do río que dende finais do século XIX significou, no imaxinario social dos Ourensáns, un sinónimo de contaminación e de infección urbana durante varias xeneracións.
A decisión da Xunta estima as solucións técnicas que sinalan os enxeñeiros municipais para evitar voladuras e grandes movementos de terra na construcción do novo colector, e que  pasan por establecer dous dispositivos de bombeo. "En condicións normais", especifica o proxecto, "o lóxico sería realizar esta conducción por simple gravedade".
Pero esto non é así, sinalan os técnicos, "dado o angosto do treito entre as edificacións e o río, así como á considerable profundidade da zanxa necesaria para obter a pendende adecuada e o tipo de terreos (rocha) que obrigaría a voladuras". Deste xeito, os técnicos optan por proxectar dous bombeos, un en cada extremo da conducción, "para acadar unhas profundidades de zanxa máis aceptables". Proposta que políticamente se asume e se refrendou na Xunta de Goberno Local.

Así, o colector necesitará do desbroce de 700 metros de terreo, para efectuar 200 de novo alcantarillado e varios pozos de rexistro.
O presuposto, cercano ós 90.000 euros, permitirá executar esta "gran débeda pendente", en palabras do alcalde, Francisco Rodríguez, "do saneamento urbano de Ourense".
Asimismo, suporá a “dignificación do tramo urbano do río, tan ligado ó nacemento da cidade, ás áreas temais de Ourense é tamén á rexeneración dos ecosistemas que compoñen o noso hábitat”.

Volver atras
Imprimir Página