Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Alex Sánchez Vidal, tenente de alcalde

 
  A Xunta de Goberno deste xoves deu tamén o visto bó aos expedientes de varias obras anunciadas dende xa fai semanas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Infraestructuras do Concello de Ourense. Trátase das obras nas rúas Bedoia, Florentino López Cuevillas e nos chamados Cinco Ríos da zona de O Vinteún esto é, Ríos Támega, Sil, Bibei, Arenteiro e Avia. Todas estas rúas verán pronto mudado o seu aspecto grazas a un proxecto de humanización cuxo orzamento ascende a 2,7 millóns de euros. Tamén se adxudicou o Plan de Choque en materia de infraestructuras anunciado este martes polo tenente de alcalde, e que está dotado con 800.000 euros de aquí a fin de ano. Extraco é a empresa adxudicataria.
 
 
Extraco é a adxudicataria do Plan de Choque da cidade, e acométese a humanización de sete rúas, cinco delas na Ponte  
5 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

As actuacións previstas de acondicionamento e renovación destes espazos urbáns, atende dúas liñas principais: un aumento do espazo para o tráfico peonil, e o emprego de materiais nobres que melloren o aspecto destas vías. Deste xeito, estás rúas se transformarán "de lugares de paso, a lugares de paseo", en palabras do Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal.
"Son accións destinadas a revitalizar o pequeno comercio nestes áreas, especialmente nun momento de entrada de grandes superficies comerciais na cidade, ademais de mellorar a calidade de vida dos seus veciños", engadiu o tenente de alcalde. 
O paso dado este xoves na Xunta de Goberno Local supón a apertura do expediente de contratación de obras, así como as conseguintes  contratacións de dirección de obras e servizos de coordinación da seguridade e saúde das mesmas. A adxudicación farase, en tódolos casos, por procedemento urxente. 

Ademais das reformas previstas en Páz Nóvoa, Florentino Cuevillas e Bedoia, a acción máis salientábel é a correspondente ao barrio da Ponte, non só polo seu volume económico, que ascende a 1'5 millóns de euros e é o investimento máis importante, senón por priorizar a atención a un barrio tradicionalmente esquecido polas autoridades e con importantes cotas de crecemento urbán.

Plan de Mantemento ou Plan de Choque

Atendendo a mesma vontade de "humanización" da cidade, continúa indicando a Tenencia de Alcaldía, este xoves quedou tamén aprobada, tal como xa se indicara ao longo da semana, a adxudicación  de 800.000 euros á empresa Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.
Con esta partida, destinada a reforzar notablemente o Plan de Mantemento municipal,  melloraráse o servizo de atención ás infraestruturas viarias, sistemas de alumeado e mobiliario urbán de Ourense. Nomeadamente, serán os barrios e zonas da periferia rural, tradicionalmente as máis degradadas, as que se vexan máis beneficiadas desta contratación.  

No que atinxe ao PERI, tamén quedou adxudicada a redacción do Plan Especial de Protección do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno. A empresa Vázquez Calatayud Arquitectos S.L. será a encargada do mesmo, cun orzamento de 83.694 euros. 

Así mesmo, aprobouse o expediente de contratación das obras da Casa da Maxia, na Praza da Ferreiría. Esta ampliación do Centro Cívico, un edificio anexo de cinco prantas destinado ao mundo do ilusionismo e que contempla a ubicación dun museo e unha escola de magos, é un dos proxectos estrela para a revitalización desta praza. O orzamento hoxe fixado foi de 231.999.97 euros, correspondentes a partidas do Plan URBAN. 

Servizos Termais

A Xunta de Governo tamén contemplou actuacións no entramado termal na cidade, nas marxes do Miño.
Adxudicouse a construción dunha escaleira de pedra no Muíño da veiga que comunicará os futuros vestiarios que a Tenencia vai dispor na zona. "Un paso imprescindíbel para mellorar o servizo que estes mananciais dan diariamente aos ourensáns e que contribúen a por en valor esta zona", sinala o departamento de Sánchez Vidal.
Nesta mesma liña procedeuse tamén  a colocación dun pasamán de seguridade nas Termas da Chavasqueira.
 

Volver atras
Imprimir Página