Home  
 
 
 
 

Manuel Candal Candal

 
  Cansados de constatar como o alcalde de Vilamartín de Valdeorras segue sen convocar os plenos ordinarios, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE anuncia que vai solicitar nos vindeiros días a celebración dunha sesión extraordinaria. Nela, o portavoz socialista, Santos Prada, anuncia que lle preguntará ao alcalde, o popular Manuel Candal, entre outras cousas, por qué non convoca os plenos ordinarios.
 
 
O PSOE de Vilamartín recurrirá a un pleno extraordinario xa que o alcalde segue sen convocar as sesións ordinarias  
6 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Tampouco este venres, primeiro do mes de setembro, o Concello de Vilamartín de Valdeorras celebreou o pleno bimensual que está estipulado celebrar o primeiro venres de mes. Así o volven a denunciar os socialistas, que recordan que non hai plenos ordinarios en Vilamartín dende o mes de maio.
Para os socialistas, esto é sinal do desinterese que ten o alcalde Candal Candal polo Concello e polos asuntos municipais.
Santos Prada di que "é inadmisible que nun Concello como o de Vilamartín de Valdeorras, no que é necesario tomar decisións importantes para mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas e pór en marcha medidas urxentes para o desenvolvemento económico e social do municipio, non se celebren sesións plenarias dende o mes de maio".

Nesta situación, o portavoz do Grupo do PSOE anuncia que nas vindeiras datas o PSdeG-PSOE presentará no Rexistro do Concello solicitude de pleno extraordinario. Nesta sesión plenaria, adianta Santos Prada, se lle pedirá ao alcalde "que explique publicamente os motivos polos que se leva dende o mes de maio sen celebrar nin unha soa sesión plenaria", e se lle instará a que respete o acordo de inicio de lexislatura de celebrar plenos ordinarios cada dous meses o primeiro venres do mes que toque.

Volver atras
Imprimir Página