Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense aprobou este venres as bases reguladoras dunha convocatoria de concurso público para a  concesión de axudas e subvencións a concellos, asociacións e centros de ensino oficiais, que realicen labores de ensino e promoción da música tradicional. A contía máxima das axudas da institución provincial será de 200.000 euros, e exclúense actividades que non conten con un mínimo de 6 alumnos por grupo.
 
 
A Deputación de Ourense convoca axudas para o ensino e a promoción da música tradicional
6 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Pendente para súa aplicación de que apareza publicado o acordo no Boletín Oficial da Provincia, a Deputación Provincial de Ourense acordou este venres a concesión de axudas e subvencións a concellos, asociacións e centros de ensino oficiais para o ensino e a promoción da música tradicional. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres as bases reguladores desta convocatoria.

A Deputación ourensá subvencionará no curso 2008-09 o fomento do ensino de gaita galega, danza, percusión, pandeireta e canto tradicional.
A contía total máxima estimada é de 200.000 euros, destinándose 65.000 euros para o ensino da gaita e percusión polos concellos da provincia, 65.000 .

JOSE CERDEIRA 
   José Luis Baltar
euros para o ensino de gaita e percusión realizados por asociacións e centros oficiais de ensino, 35.000 euros para actividades de danza, pandeireta e canto tradicional realizadas polos concellos, e a mesma cantidade para as realizadas polas asociacións e os centros oficiais de ensino.

Os beneficiarios destas subvencións teñen que desenvolver as súas actividades na provincia de Ourense, e ademais estas deben ser de carácter gratuíto para os alumnos, agás o posible importe da matrícula que en ningún caso debe superar os 25 euros por curso e actividade. A Deputación non subvencionará aquelas actividades que teñan menos de 6 alumnos por grupo.

As bases reguladoras desta convocatoria publicaranse proximamente no Boletín Oficial da Provincia, e a partires desa data establecerase un prazo dun mes para presentar as correspondentes solicitudes
 
Volver atras
Imprimir Página