Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Pachi Vázquez

 
  A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará con 333.474,31 euros a construción dun edificio bioclimático e un aula da natureza no Concello de Amoeiro (Ourense), segundo o convenio asinado este venres polo Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o alcalde do municipio, Rafael Rodríguez, tras repasar as actuacións en materia hidráulica que a consellería realizou e ten en execución en Amoeiro. Neste senso, destaca a Consellería de Vázquez Fernández que se atopan en execución as obras de emerxencia para garantir o abastecemento de auga neste concello, así como nos municipios de Coles, Vilamarín e A Peroxa, que contan cun orzamento total de 2,7 millóns de euros.
 
 
Medio Ambiente investirá máis de 330.000 euros no Edificio Bioclimático do Concello de Amoeiro  
13 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Medio Ambiente desembolsará para a construción de un edificio bioclimático e un aula de natureza no Concello de Amoeiro, 110.000 euros no presente ano e 223.474,31 en 2009. Desta contía, o edificio acaparará 152.616,54 euros, a aula de comprensión da natureza 57.957,77 euros e o arranxo dos arredores 126.900 euros.
O inmoble terá usos múltiples e acollerá a aula da natureza, na que haberá unha exposición de carácter permanente e información medioambiental. O espazo servirá tamén para que os escolares do concello realicen prácticas relacionadas con esta materia. Ademais, propiciarase a rexeneración ambiental do entorno do edificio, que se emprazará nun espazo natural situado na periferia do concello, pero degradado pola acumulación de entullos. Esta actuación paisaxística comprende a creación dunha vía, plantación de céspede e especies autóctonas.

En materia hidráulica

O conselleiro deu conta ademais das actuacións en materia hidráulica que se levaron a cabo no Concello de Amoeira e nas que Medio Ambiente investiu 1.716.384 euros.
Neste senso, xa están rematadas as obras de abastecemento e saneamento no núcleo de Amoeiro, cun orzamento de 563.995 euros. Ademais, realizáronse actuacións de infraestruturas básicas de abastecemento e saneamento neste municipio, nas que se investiron 591.392,04 euros, e se impulsou o abastecemento, que contou cun orzamento de 360.997 euros.
A Consellería de Medio Ambiente destinará tamén 591.392,04 euros a realizar os traballos de abastecemento e saneamento nos núcleos de Amoeiro, Bóveda e Rouzós, que se atopan en proceso de tramitación.
No Concello de Amoeiro están en execución obras de emerxencia para garantir o futuro abastecemento de auga ao municipio, unha actuación que se realiza tamén nos concellos de Vilamarín, Coles e A Peroxa, cun custo de 2,7 millóns de euros.

Volver atras
Imprimir Página