Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense escomezou a intervención de acondicionamento dos xardíns da Alameda, que consistirá na renovación da cuberta vexetal e na reparación do sistema de rego automático. Precisamente este sistema de aspersores é un dos máis afectados na cidade polos actos de vandalismo, o que provoca disfuncións  no rego e obriga ó Concello á súa constante reparación.
 
 
Empezan os traballos para acondicionar os xardíns da Alameda do Concello da capital ourensá  
15 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Empezan os traballos para o acondicionamento dos xardíns da Alameda, que constirán, fundamentalmente, na reparación do sistema de rego automático e na renovación da cuberta vexetal. Precisamente á Concellería de Medio Ambiente o asunto dos aspersores é o que máis lle preocupa, xa que nos trebellos sigue cebándose o vandalismo.
Por iso, dende a Concellería de Medio Ambiente reitérase a mensaxe de chamamento ó civismo, baseado nun coidado responsable dos bens públicos, nos espacios verdes e parques da cidade.  

Asimesmo, pídese ós cidadáns que desculpen as molestias mentres duren as obras, especialmente polo valado de parte dos xardíns nos que se acometerán as melloras, e se absteñan de invadir este espacio mentres duren as obras.  
Este valado está aconsellado polos técnicos municipais para facilitar a manipulación da cuberta de céspede mentre dure a intervención, que contempla melloras na ornamentación e na estrutura de rego dos distintos parterres.

Volver atras
Imprimir Página