Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Xosé Manuel Pérez Bouza

 
  A Comisión de Fomento do Senado debaterá este luns, 15 de setembro, a partir das cinco da tarde, unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pola que insta ao Ministerio de Fomento a que “constrúa, no menor prazo posíbel, un paso subterráneo en A Lama (O Irixo), que comunique as dúas partes da aldea que quedou dividida polo trazado da liña do AVE Santiago de Compostela-Ourense”.
 
Noticias Relacionadas
  Pérez Bouza demándalle a Fomento que constrúa un túnel na aldea de A Lama de O Irixo dividida pola obras do AVE
 
 
 
A proposta para construir o paso subterráneo de A Lama, en O Irixo, debátese este luns no Senado
15 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Para as cinco da tarde deste luns está fixado na Comisión de Fomento do Senado, o debate sobre unha proposta do senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, para que Fomento constrúa un paso subterráneo na localidade de A Lama, no Concello de O Irixo.
Xosé Manuel Pérez Bouza aclara que "o  BNG comparte a necesidade de que Galiza conte con infraestruturas ferroviarias propias do século XXI e é consciente de que as obras para a súa construción levan molestias para os habitantes das zonas polas que discorre o trazado". Sen embargo, advirte o senador nacionalista de que "o interese público non pode ser unha excusa para xustificar danos innecesarios aos bens e ao benestar dos veciños".

O senador do BNG asegura que este é o caso da aldea de A Lama, no concello do Irixo, onde as obras da liña do AVE Ourense-Santiago "deixaron aos veciños incomunicados, ao pasar a liña do AVE polo medio da aldea; e ademais provocou o desvío de mananciais, cortes de auga e danou a estrutura de varias vivendas".
Pérez Bouza denuncia que, a pesar das reiteradas peticións dos veciños dende o ano 2006 ante o Ministerio de Fomento "a súa situación non variou substancialmente".

Neste sentido, o senador nacionalista reclámalle ao Goberno que atenda a petición dos habitantes de A Lama de construír un paso subterráneo baixo a liña do AVE "para comunicar as dúas partes da aldea e evitar así o gran rodeo que teñen que facer para poderen visitar aos seus veciños e familiares ou mesmo para cultivar as súas leiras".

Volver atras
Imprimir Página