Home  
 
 
 
 
  O alcalde de Ourense Francisco Rodríguez, asinou na mañá deste martes os convenios de colaboración entre o Concello e as entidades Asociación de Hemofilia, Cruz Vermella e Comité Anti SIDA. A través destes convenios, o Concello incrementa notablemente a colaboración con estas entidades, ás que dedicará unha achega total de 50.000 euros, destinados a apoiar proxectos e servicios que prestan en Ourense. No caso da Cruz Vermella, a achega do Concello é maís do doble da do ano pasado, máis do triplo no caso do Comité Anti-Sida, e coa Asociación de Hemofilia encétase o procedemento de colaboración.
 
 
O Concello duplica a achega á Cruz Vermella, a do Comité Anti-Sida triplica, e colabora cos hemofílicos  
17 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Tres convenios con outras tantas asociacións da cidade asinou o alcalde de Ourense na mañá deste martes. En total, os tres convenios supoñen unha achega de 50.000 euros por parte do Concello, que o alcalde deu por moi ben empregados, xa que, dixo Francisco Rodríguez, "estas entidades chegan a sitios onde non chega o Concello".

No caso da Asociación Hemofilia, a través do convenio asinado este martes, o Concello achega unha axuda por importe de 5.000 euros, que se destinará a sufragar os custes dun piso para familiares de enfermos de hemofilia que porá en marcha esta asociación. Deste xeito, os familiares disporán dun lugar próximo ó centro hospitalario para aseo e descanso.

No caso de Cruz Vermella, o Concello achegará unha axuda por importe de 25.000 euros -ata o de agora alcanzaba os 12.000 euros-, destinada ó apoio ás actividades que esta ONG desenvolve na nosa cidade. A concelleira de Servicios Sociais, Marga Martín declarou na sinatura do convenio, que se trata dunha ampliación da axuda moi necesaria, xa que “Cruz Vermella está a facer un traballo moi importante para diversos colectivos da cidade”. 

No caso do Comité Cidadán AntiSIDA, o Concello triplica a contía da axuda que destinará ó apoio ás súas actividades, que ascenderá a un total de 20.000 euros para o presente ano  2008.

Coa sinatura destes tres convenios, segundo Marga Martín, “amplíase o eido dos servicios sociais en asociacións que están traballando con moita seriedade, e que permiten que o benestar da nosa cidadanía obteña cuotas ata o de agora inalcanzables”.

Este mércores, tres mais

Aos convenios materializados este martes haberá que engadir tres máis que o Concello asinará este mércores, día 17, con outras tantas asociacións.
O acordo con MOREA aumentará en 8.000 euros a contía do pasado ano, alcanzando os 20.000 euros, e un novo convenio con "Galicia, Terra de Acollida" permitirá a incorporación dun monitor de ocio e tempo de lecer destinado a fillos de inmigrantes, cunha achega de 6.000 euros.

Volver atras
Imprimir Página