Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  O Concello de Ourense xa firmou o contrato de estancias formativas das becas Leonardo da Vinci, o que se leva a cabo no marco do “Programa de Aprendizaxe Permanente” do ano 2008. Este ano, segundo puxo de manifesto a concelleira de Educación, Ana Garrido, un total de 28 mozos e mozas realizarán as súas prácticas en cinco países distintos: 10 en Florencia (Italia), 2 en Burdeos (Francia), 6 en Derry (Irlanda del Norte), 6 en Praga (República Checa) e 4 en Lisboa (Portugal).
 
 
28 ourensáns poderán beneficiarse das becas Leonardo da Vinci en cinco países europeos
22 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Un total de 28 persoas poderán beneficiarse este ano das becas Leonardo da Vinci que facilita o Concello de Ourense a través da súa Concellería de Educación. A bolsa está dirixida a desempregados con titulación en Formación Profesional ou universitaria, ou que cursen ciclo superior de Formación Profesional. O obxectivo é que a realización dunhas prácticas no estranxeiro lles beneficie maioritariamente para a súa formación práctica, aumentando a especialización, creando un espírito emprendedor e

facilitando a mobilidade entre os ourensáns.
As bolsas destribúense así segundo os cinco países deste ano: 10 en Florencia (Italia), 2 en Burdeos (Francia), 6 en Derry (Irlanda del Norte), 6 en Praga (República Checa) e 4 en Lisboa (Portugal).

A duración da estancia é de setembro a decembro. As primeiras tres semanas serán de adaptación previa, para facilitar a integración cultural e lingüística no país de destino, durante as cales se levará a cabo un curso de perfeccionamento lingüístico. Posteriormente, os participantes do proxecto realizarán durante oito semanas prácticas profesionais especializadas nas empresas seleccionadas, nas que se realizarán tarefas acordes, que cubran as necesidades do perfil profesional e formativo de cada un.dos beneficiarios.

A concelleira de Educación, Ana Garrido, salientou que as bolsas Leonardo “non só multiplican as posibilidades dos alumnos laboralmente”, ademáis “a estancia facilita a apertura da mente e o enriquecemento que supón o contacto con outras internacionalidades”. A este respecto, “danse casos de beneficiarios de anos anteriores que actualmente están traballando nos países onde fixeron a súa estancia gracias á bolsa”.

 
Volver atras
Imprimir Página