Home  
 
 
 
 
O Grupo Municipal Socialista lamenta “o triste e antidemocrático espectáculo” propiciado no Pleno ordinario deste xoves pola alcaldesa do Partido Popular, Elisa Nogueira. O portavoz socialista, Eladio Fernández, califica a actitude da alcaldesa durante toda a sesión plenaria de "exercicio de prepotencia", e pídelle a Elisa Nogueira que se disculpe públicamente e se retracte polos insultos dirixidos ao Partido Socilista. Entre as moitas cuestións que Elisa Nogueira se negou a respostar, está a de qué fixo a rexedora que o Concello lle pagara en ano e medio 10 millóns das vellas pesetas.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Elisa Nogueira, alcaldesa de San Cibrao

A alcaldesa de San Cibrao non aclara qué fai no Concello para gañar en ano en medio 10 millóns de pesetas

27 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de San Cibrao das Viñas, Eladio Fernández, califica de "inadmisible" a actitude e o comportamente da alcaldesa, a popular Elisa Nogueira, no pleno celebrado este xoves. Segundo Eladio Fernández, "durante a sesión plenaria a alcaldesa rexeitou as tres mocións que presentábamos os socialistas. O máis grave é que, nun exercicio máis de prepotencia, Nogueira negouse a explicar o traballo que realiza ao fronte do Concello e polo que percibiu 10.000.000 de pesetas en ano e medio de mandato".
Así mesmo, sinala o primeiro edil da oposición, a rexedora local tamén se negou a aclarar os motivos polos que a contratación de persoal para o Concello obedece sempre a criterios de parentesco entre o aspirante e algún membro do seu Goberno.

Para Eladio Fernández "a única explicación posible ante o afán de Elisa Nogueira para non detallar a súa xestión, é que ten moito que ocultar", sinala o socialista, que considera a actitude da alcalde popular como "unha falta de respeto aos veciños de San Cibrao".
Nesta situación, Eladio Fernández conclúe solicitando a alcaldesa de San Cibrao das Viñas "que se desculpe publicamente polo lamentable espectáculo ofrecido na sesión plenaria, e se retracte dos insultos propiciados contra o Grupo Municipal Socialista".

Volver atras
Imprimir Página