Home  
 
 
 
 
  O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a Concelleira de Sanidade e Servicios Sociais, Marga Martín  inauguraron este venres un local na Rúa Ramón Puga, 42, 1º, destinado ós familiares dos enfermos hemofílicos, con motivo do convenio entre o Concello e a Asociación de Hemofilia de Ourense. A institución achega unha axuda de 5.000 euros para sufragar os gastos do piso, que ten como obxectivo que os familiares dos enfermos non se vexan na obriga de pasar horas na sala de espera, e dispoñan dun espacio para descanso, aseo, refrixerio ou alimentación.
 
 
JOSE CERDEIRA 
Os familiares dos enfermos de hemofilia xa dispoñen dun local na cidade onde agardar aos seus
27 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Asociación de Hemofilia de Ourense xa dispón dun local onde os familaires dos enfermos poderán agardar a que se lle administren os tratamentos.
O inmoble dispón de cinco habitacións, dous baños, salón, cociña amoblada e un estudio con ordenador. Ten unha capacidade para albergar ata 9-10 persoas á vez e calcúlase que uns 15-20 familiares ó mes se beneficiarán das instalacións.

O número de enfermos de hemofilia censados en Ourense é a día de hoxe de 42. "Sen embargo, un dos maiores problemas desta enfermidade é a dificultade de identificación, o que provoca que moitas persoas que a padecen tardan anos en percatarse da súa dolencia", sinala o Concello de Ourense. Actualmente, para evitar estes casos, realízanse en Ourense probas a familiares dos pacentes afectados, como medida de prevención, xa que, aínda que só a padecen os homes, é unha enfermidade que as mulleres poden transmitir.

Estes enfermos vense obrigados a realizar continuas consultas no complexo hospitalario para ser atendidos, e son frecuentemente ingresados longas estancias de tempo. Este é o principal motivo polo que se establece a axuda de 5.000 euros para sufragar os custos do piso, para os familiares dos afectados.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página