Home  
 
 
 
 
  Logo de celebrarse en Ourense este sábado asamblea comarcal do BNG, o mesmo que ocurreu en no Morrazo e A Mariña, o secretario de Organización da Executiva do BNG, Alberte Ansede, cualifica de “histórica” a participación da militancia nestas asembleas comarcais. Estas asambleas son previas a Asemblea Nacional Extraordinaria do 5 de outubro.
 
 
Ourense tamén apoiou a candidatura de Quintana para Asemblea Nacional do BNG de outubro
29 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O secretario de Organización da Executiva do BNG, Alberte Ansede, salientou que “a participación está a ser superior á de ningunha outra asemblea anterior, o que demostra o alto nivel de implicación e de dinamismo dos e das militantes da nosa organización”. As declaracións corresponden as asambleas comarcais do BNG celebradas este sábado na capital ourensá, así como no Morrazo e na Mariña lucense.

O responsábel de Organización da Executiva do BNG subliña tamén que “o apoio masivo que está a ter nas asembleas comarcais que se están a celebrar o informe de avaliación política e de obxectivos eleitorais do BNG”, así como que “o BNG é a única organización política  na que a militancia, a través dos delegados e delegadas elixidos nas asembleas comarcais, elixe ao noso candidato á presidencia da Xunta de Galiza”.

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, foi presentada unicamente a candidatura de Anxo Quintana, que resultou proclamada ao contar co aval de 3.332 afiliados/as ao BNG de pleno dereito e superar o mínimo de 300 requirido regulamentariamente.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página