Home  
 
 
 
 
  A cousa empezou por unhas queixas que chegaron a ADEGA dos veciños das aldeas de Maus de Salas e Porqueirós do Concello de Muiños. Queixábanse de que os malos olores que veñen sofrindo podía proceden dun cebadeiro de vacas. Pero agora constátase que máis ben proveñen de persoas que espallan nas súas leiras xurros que proveñen das granxas. ADEGA xa denunciou o caso ante as administracións competentes, e alerta á Confederación Hidrográfica correspondente de que os xurros xa poideron chegar ao río Porqueirós.
 
 
ADEGA alerta dos riscos que pode ter o que fan algúns paisanos cos xurros no Concello de Muiños  
29 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, denuncia que dende finais de agosto leva recibindo queixas de varios veciños das aldeas de Maus de Salas e Porqueirós perteñecentes ao Concello de Muiños, referente aos malos heiros que teñen que soportan dende fai algún tempo.
Sinala ADEGA QUE, segundo contan os afectados, cando se instalou unha granxa de cebadeiro de vacas, sita no lugar denominado Cachamugra, "teñen que soportar malos olores que cada vez se expanden a unha área maior de afectación".

"Aínda que os olores son elementos de percepción subxectiva, logo das chamadas rexistradas en Adega xa non se trata dunha queixa dun ou dous individuos particulares especialmente cabreados coa instalación bovina, senón que os danos dos malos cheiros convertíronse en molestia universal e agudizada na súa intensidade nestes últimos días", sinala o respecto a organización ecoloxista.
Segundo a veciñanza, con toda probabilidade os malos cheiros non procedan da granxa de vacas, senón que outras persoas ou empresas particulares transportan xurros doutras explotacións e os expanden nas leiras sitas preto desa granxa bovina e das aldeas afectadas.

Adega vén de denunciar ante as administracións competentes o caso. A organización sinala que se presentaron queixas diante do Concello de Muíños, das consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural, así como ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil-Limia.
Para ADEGA, "este último organismo citado sería o responsábel de averigüar se o río Porqueirós sofre verteduras de xurros procedentes das fincas lindeiras que irían ser vertidas ao cauce do regueiro".

Volver atras
Imprimir Página