Home  
 
 
 
 
  Este luns, 29 de setembro, dan comezo os cursos impartidos na Escola Municipal de Música. Unha das novidades deste ano será o lugar de impartición dos cursos: a Nova Escola de Artes Escénicas, situada en San Francisco, -Rúa Canle número 6- e que permite albergar unha maior variedade de actividades e un número de alumnos superior aos anos anteriores. De feito, neste curso a Escola arranca con un cento de rapaces inscritos por primeira vez nas actividades musicais.
 
 
Comeza o curso da Escola Municipal de Música que estrena aulas na nova Escola de Artes Escénicas  
29 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Arranca un novo curso este luns na Escola Municipal de Música de Ourense. Segundo os responsables do Concello de Ourense, as novidades deste ano derivan do feito das novas instalacións da Escola, que pasa a ubicarase na Rúa da Canle.
O feito de que son máis amplas, repercute tanto en que van a ser máis os alumnos como que tamén serán máis as actividades a impartir. Ao peche da semana pasada, o número de novos matriculados superaba os cen alumnos, "o que supón todo un éxito para a Escola Municipal", subliñaban os responsables municipais.
Ao mesmo tempo, compre recordar que ata o mesmo día de comezo de curso, este luns, aínda se poden formalizar matrículas.

Os alumnos matriculados poderán asistir a clase de piano, percusión, guitarra, clarinete, violín, saxofón e frauta, ademáis de a clases de “Música e movemento” destinadas a nenos entre 4 e 7 anos. Os nenos máis novos -4 5 anos- recibirán clases de iniciación á linguaxe musical.

Volver atras
Imprimir Página