Home  
 
 
 
 
  O Complexo Hospitalario de Ourense deu a coñecer hoxe seu novo Centro de Procesamento de Datos (CPD), centro no que a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde investiu máis de dous millóns de euros, distribuídos entre instalacións e equipamento, e que o sitúan como un dos Complexos co equipamento mais moderno de Galicia, segundo sinalaron os responsabeis do SERGAS e do CHOU este luns. Reúne nunhas instalacións, dotadas cos últimos sistemas de seguridade sosteñibilidade e mantemento, o conxunto de servidores centrais, bases de datos de pacientes e traballadores, equipos de comunicacións e outras series de datos.
 
 
Máis de 2 millóns de euros fixeron posible o novo cerebro do Complexo Hospitalario de Ourense  
17 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Centro de Proceso de Datos, tamén coñecido como Centro de Cálculo ou pola súa denominación inglesa Data Center, concentra, nun mesmo emprazamento, ao conxunto de recursos informáticos e técnicos, precisos para o procesamento e almacenamento da información que necesita e xenera un hospital moderno.
As principais melloras e vantaxes do novo CPD, según se puxo de manifesto este luns ao ser presentado públicamente, son "a calidade tanto destas instalacións como dos equipos".

Polo que atinxe ás instalacións, estas multiplican por dez o espazo dispoñible, pasando de 25 metros cadrados a 250, cos últimos sistemas de seguridade e de protección, tanto de accesos como de incendios, de incidencias eléctricas, ou fugas de auga, e tamén de funcionalidade e mantemento.
Tanto chans como teitos son de tipo técnico permitindo a ordenada disposición dos cables e rápido acceso a calquera punto; os cadros eléctricos, con mais de 200 tomas e proteccións selectivas, están adaptados ás súas funcións. Toda a área conta cun dobre sistema independente de climatización e electrónico, que garante as condicións de refrixeración, temperatura e humidade dos equipos.

Ademais, para garantir o funcionamento ininterrompido conta cun dobre sistema de alimentación eléctrica ininterrompida. Tendo en conta a importancia e sensibilidade dos datos e ficheiros almacenados, o novo Centro de Proceso de Datos conta cun sofisticado sistema de control de accesos así como de detección e extinción de incendios.
Ademais destas medidas de seguridade físicas, o Centro de Proceso de Datos dispón de dous sistemas para a copia de seguridade diaria.

Todo elo permite o mantemento e correcto funcionamento das mais de 150 aplicacións implantadas entre as que se atopan as utilizadas pola historia clínica electrónica, IANUS, as de Anatomía Patolóxica e Laboratorio, Radioloxía, Compras, e un longo etcétera que se empregan diariamente nos mais de 1.300 postos informáticos e 650 puntos de impresión a disposición dos 3.300 profesionais do Complexo Hospitalario de Ourense.
O novo centro suple ao vello CPD, con 14 anos de antigüedade, que xa non se axustaba ás actuais necesidades nin de espazos nin de instalacións e equipos.

Volver atras
Imprimir Página