Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

María Devesa, concelleira de Participación Cidadá

 
  A Oficina de Atención ó Cidadán do Concello de Ourense prestou atención e servizos durante os meses de xaneiro e febreiro a un total de 1.507 cidadáns que trasladaron a este servicio municipal as súas solicitudes de información, queixas, consultas ou suxestións en relación coas diferentes áreas municipais. Segundo o Concello, "o dato reflexa un aumento dun 15% no número de atencións dispensadas por parte deste servicio municipal respecto aos dous últimos meses do ano 2008".
 
 
Máis de 1.500 solicitudes de información atendeu en xaneiro e febreiro a Oficina de Atención ao Cidadán
20 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense constatou como nos dous primeiros meses se incrementou a demanda de servizos da Oficina de Atención ó Cidadán. Contabiizáronse nos meses de xaneiro e febreiro 1.507 solicitudes, das cales un total de 823 foron realizadas presencialmente nas propias dependencias da oficina municipal da Praza de Santa Eufemia, 6, baixo, outras 340 a través do teléfono 988 392909 e outras 344 a través de Internet.

O número de consultas atendidas nestes dous meses foi de 1.021, con diferente temática que vai desde a domiciliación bancaria dos impostos municipais ata os horarios dos autobuses, pasando por axudas no Casco Vello, programas como o Auria Inserta, axudas a personas dependentes e a domicilio, documentación para apertura de locais e outras.

Recorda o Concello que a Oficina de Atención ao Cidadán facilita información sobre actividade municipais,  procedementos, requisitos ou documentación sobre as diferentes solicitudes que se podan realizar no Concello de Ourense. Tamén facilita instancias para a maior parte dos trámites municipais, orientando e axudando aos cidadáns a cumplimentalas, e recibe e tramita as queixas, reclamacións e suxestións dos veciños e facilita os accesos ao servicio “Carpeta Cidadá”, entre outros.

Avisos

Durante estes dos meses, ademais das consultas, a Oficina atendeu 417 avisos e 69 accesos á Carpeta cidadá.
Dos 417 avisos recibidos, o 70%, un total de 292, foron resoltos nos propios meses de xaneiro e febreiro. En canto aos avisos por concellerías, 192 eran relativos á Concellería de  Infraestructuras, 136 de Medio Ambiente, 36 de Tráfico e Policía Local, 13 de Comercio, 9 de Mobilidade, e 7 de Transportes.

Entre os 292 avisos resoltos, atópanse os seguintes:

Medio Ambiente:

- Limpeza das rúas Camelias, Serra Martiñá, Praza das Mercedes, Avenida de Santiago, Nogueira de Ramuín, Recanto do Carabel, Santo Domingo.

- Limpeza das escaleiras ó lado do colexio das Josefinas, arranxo fronte da Praza da Lexión, limpeza da Praza do Correxidor e Praza da Estrela, reparación do alumeado público no Paseo das Ninfas.

- Arranxo do Parque do Pino, arranxo do parque público de O Polvorín, podas na rúa Mercado, O Pino, Praza Venus e O Couto

Infraestructuras

- Reparación alumeado público nas rúas Alejandro Pedrosa, Marcelo Macías, Quintela de Canedo, Polvorín, Carriarico, Río Arnoia, barrio de Santa Ana, rúa de Ponferrada e Velázquez

- Reparación de beirarrúas na rúa Curros Enríquez, Avenida de Marín, Camelias, Lamas Carvajal.

- Reparación de bolardos na Praza do Sagrado Corazón

- Instalación de varanda dende a Praza das Mercedes cara ó Auditorio

- Reparación de socavóns na rúa Ben Cho Shey, Progreso, Ponte Nova

Tráfico e Policía Local

-Pintado de paso de peóns nas rúas do Vinteún, Ribeiriño, Tinteiro, Alejandro Pedrosa, río Corzos

Desde a súa entrada en funcionamento, no mes de abril do pasado ano 2008, a Oficina de Atención ó Cidadán leva atendido un total de 6.309 solicitudes recollidas na propia oficina,  a través da páxina web do Concello e do número de teléfono 988 392909.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página