Home  
 
 
 
 
  Este luns, 23 de marzo, arranca a segunda edición da Semana de Música Antiga e Tradicional, un  programa de actividade sen torno a esta disciplina organizado desde o Departamento de Instrumentos Antigos do Conservatorio e impulsado pola Tenencia de Alcaldía. Ao longo de cinco días, ourensáns e visitantes poderán desfrutar dun ciclo de cinco concertos da man de intérpretes de recoñecido prestixio internacional que reparasarán as músicas máis senlleiras da tradición europea, sefardí e andalusí.
 
 
Comeza este luns en Ourense un ciclo de música culta que inclúe conferencias e unha exposición  
23 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Cinco concertos, conferencias e unha exposición de instrumentos compoñen o programa de actividades da Semana de Música Antiga e Tradicional que arranca este luns en Ourense e que se polongará ata o domingo que ven, día 29.
No tocante aos concertos, desde o Concello de Ourense destácase que estarán a cargo de intérpretes de recoñecido prestixio internacional, que va repasar as músicas máis senlleiras.
Ademais, súmase unha conferencia a cargo do musicólogo Luis Delgado e unha masterclass para estudiantes de tecla impartida polo intérprete de clavicémbal Tony Millán. Ao longo de toda a semana o hall de Auditorio acollerá, ademais, a mostra  Viaxes Sonoras,unha colección de máis de cen instrumentos na que destacan os de procedencia tibetana ou unha pequena mostra de rarezas en gramófonos.

Os organizadores destacan a importante dimensión didáctica do evento,que pretende "achegar o Conservatorio á cidade e a cidade ao Conservatorio".
O programa de actividades inclúe  un concerto didáctico a cargo de Xavier Blanco, mestre gaiteiro e artesán de Moaña especilizado na fabricación de instrumentos con materias naturais como a caña, ou as cortezas das árbores; así como un concerto de órgano cos propios alumnos do Conservatorio como intérpretes.
Estos dous eventos ocuparán a xornada de martes e xoves, mentres que o venres o virtuoso Tony Millan impartirá a sua masterclass e o concerto sobre as Variacións “Goldberg” de J.S. Bach.
Os dous concertos da fin de semana corren a cargo da Accademia del Piacere, unha agrupación con sede en Sevilla que está a revolucionar a interpretación das pezas do barroco tardío, e o recital de Luis Delgado e o  Cuarteto Ureña, homónimo da conferencia “As tres culturas”, previsto para o luns e continuación desta.

Ao longo de toda a semana pódese visitar unha mostra da colección persoal de instrumentos do propio Luis  Delgado, que baixo o título de Viaxes Sonoras, expón pezas de museo e rarezas de gran interese.

Volver atras
Imprimir Página