Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Marta Arribas, concelleira de Xuventude e Igualdade

 
  Xuventude e Igualdade do Concello de Ourense ven de convocar subvencións dirixidas específicamente a estas áreas, en accións dirixidas a fomentar o asociacionismo e a posta en marcha de proxectos e actividades de carácter xuvenil ou a prol da igualdade nesta cidade. É un programa dotado con 35.000 euros, dos cales 15.000 son para Xuventude e os 20.000 restantes para accións en materia de Igualdade. Así mesmo, Educación do Concello ven de abrir este luns o prazo de preinscripción do curso 2009-2010 para novos alumnos das Escolas Municipais. Hai hasta o vindeiro día 31 deste mes.
 
 
Xuventude e Igualdade do Concello convoca dous programas de accións dotados con 35.000 euros  
9 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Xuventude, Igualdade e Voluntariado do Concello de Ourense ven de convocar senllos programas de subvencións orientados a fomentar o asociacionismo e a posta en marcha de proxectos e actividades de carácter xuvenil ou a prol da igualdade na cidade de Ourense. Trátase dunha iniciativa de apoio e dinamización da sociedade ourensá nestas materias dotado en 35.000 euros, repartidos 15.000 en Xuventude e 20.000 en Igualdade.
Nesta última área é a primeira vez que se realiza esta convocatoria pública.

A principal novidade neste programa de subvencións é que por primeira vez son aplicadas ao área de Igualdade, “algo que nos viñan plantexando asociacións de mulleres desde fai tempo e ao que finalmente puidemos dar saída”, sinala a titular de Xuventude, Marta Arribas.  Con estas subvencións, segundo indican as propias bases, preténdese “contribuír á promoción da muller en todos os ámbitos da vida pública e privada, así como na prevención e combate da violencia de xénero, para facer efectivos os dereitos á igualdade e á non discriminación por razón de sexo”.

As bases das devanditas subvencións, que xa se poden consultar na páxina web do Concello e no BOP,  marcan o fin de prazo o día 15 de xuño no caso de Xuventude  e o 17 de xuño para Iguladade. Calquer interesado en concorrer a estas axudas poden recibir máis información nas oficinas da Concellería, sita na rúa Concordia, nº 20, entrechán esquerda.

Aberta a preinscripción das Escolas Municipais do Concello  

Así mesmo, a Concellería de Educación abriu este luns o prazo de preinscripción do curso 09/10 para novos alumnos das Escolas Municipais.
Ofértanse cursos como música, teatro ou inglés, e o prazo de inscripción remata o 30 de xuño
Exactamente a oferta de cursos é a seguinte:
- Música: A partir de catro anos, sen límite de idade.
- Teatro: A partir de cinco anos, sen límite de idade.
- Inglés: A partir de seis anos, sen límite de idade.

Para máis información, os interesados poden chamar ó teléfono 988 388 136, mediante fax no 988 388 159 ou vía email: escoladeartes@ourense.es.

Volver atras
Imprimir Página