Acabause o que se daba. No Parlamento de Galicia na tarde deste mércores, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, anunciou o rexeitamente, agora xa oficial, do Parque Medioambiental de Carballeda de Avia. Agustín Hernández suliñou que o Goberno galego vai anular este proxecto que “conta co rexeitamento manifesto da maioría social e mesmo dos técnicos do organismo encargado da súa promoción”. Pero que incluso non fai falla siquera pechar este proxecto, xa que, segundo Agustín Hernández, "esta actuación xa estaba paralizada polo seu promotor, a anterior Consellería de Vivenda e Solo, desde decembro de 2008, xa que consideraba inviable esta actuación”.
 
Noticias Relacionadas
  La Plataforma del Sí al Parque de Carballeda pide que se haga público su Plan de Sectorización
 
 
A Xunta rexeita o Parque Medioambiental de Carballeda, que di que desde decembro xa se consideraba "inviable"
Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
24 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou no Parlamento de Galicia este mércores o rexeitamento ao Parque Medioambiental de Carballeda de Avia en Ourense, “iniciativa conxunta das consellerías do bipartito de Medio Ambiente e de Vivenda e Solo, actuando esta última como promotora”, sinalou o conselleiro.
Agustín Hernández suliñou que o Goberno galego vai anular este proxecto que “conta co rexeitamento manifesto da maioría social e mesmo dos técnicos do organismo encargado da súa promoción”.
Na súa comparecencia, o responsable de Medio Ambiente da Xunta asegurou que, tal como quedaron as cousas, o Goberno galego non cree, incluso, que exista a necesidade de pechar este proxecto, “porque esta actuación xa estaba paralizada polo seu promotor, a anterior Consellería de Vivenda e Solo, desde decembro de 2008, xa que consideraba inviable esta actuación”, sinalou o conselleiro.

Agustín Hernández incidiu en que o Goberno bipartito “tratou de vender fume con proxecto e, unha vez máis actuou de costas ao interese da maioría dos veciños”, e insistiu en que “tras ver que os seus propios técnicos rexeitaban o proxecto metérono nun caixón, como ocorre noutros asuntos como o do AVE, quedaron caladiños, deixándolle outro morto máis ao novo Goberno”.

O informe do bipartito

Hernández concretou que son moitos os datos que ofrece o informe da Dirección Técnica de Solo do IGVS do 23 de decembro de 2008, que conclúe que o proxecto é inviable, entre outros:

  1. A autovía A-52 atravesa o ámbito de actuación dividíndoo en dúas partes, una ao norte e outra ao sur da mesma. O Ministerio de Fomento propón un enlace coa autovía a través da N-120, cun custe aproximado de 15 millóns de euros. O informe do IGVS di que se esta é a única solución para a conexión viaria se debería reconsiderar a ubicación do parque.
  2. A topografía dos terreos onde se pretende emprazar o parque é moi complicada, existindo un desnivel de aproximadamente 50 metros entre as cotas superior e inferior. Estímase que o custe de movemento de terras pode representar o 40% do total do custe de urbanización interna do parque.
  3. As condicións do terreo, a presenza da autovía cruzando o ámbito e outros viais de acceso a Carballeda de Avia fan que a superficie dedicada a parcelas de uso industrial sexa un porcentaxe moi baixo do total do ámbito, polo que o prezo estimado de venda por metro cadrado supera os 100 euros, moi alto para a zona.
  4. Importante impacto paisaxístico.
  5. Alto custe das conexións exteriores de electricidade, abastecemento e saneamento:
    1. Para o abastecemento de auga habería que facer unha nova captación no río Miño, cunha estación de bombeo a máis de cinco quilómetros do parque empresarial.
    2. Para o saneamento sería preciso a construción dunha nova EDAR para 6.000 habitantes equivalentes.
    3. Para o subministro de enerxía eléctrica habería que instalar una liña de media tensión soterrada dende a subestación de Castrelo do Miño, a máis de cinco quilómetros de distancia.

Resume do proxecto

Segundo os datos dispoñibles, o departamento de Agustín Hernández recorda que o obxectivo dese proxecto sectorial era a creación dun gran polígono ambiental centrado no tratamento e reciclaxe de residuos no sur de Galicia, nunha superficie dunhas de 80 hectáreas, no concello ourensán de Carballeda de Avia.
As razóns que alegou o anterior Goberno para a elección do lugar eran, entre outras, a súa situación estratéxica, a súa boa comunicación, a existencia dun PXOM do término municipal e a posibilidade de ofrecer a superficie requirida.
A idea era que se asentaran alí, entre outras, plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos, aceites vexetais e animais, aparellos electrónicos, disolventes, metais e compostos metálicos, pneumáticos fóra de uso, papel e cartón, plásticos, tóner e cartuchos de tinta ou ácidos.

O conselleiro, por último, fixo un somero acopio de datas, actuacións e informes, ata concluir que "o IGVS, organismo promotor das obras, non someteu a información pública o Proxecto Sectorial e paralizou a súa tramitación, seguindo as indicacións do informe da súa Dirección Técnica de Solo, que o 23 de decembro de 2008 considera inviable esta actuación".
Agustín Hernández referíuse, concretamente, ás seguintes:

- Para levar a cabo o proxecto, en marzo de 2007, hai máis de dous anos, asinouse un convenio entre as dúas consellerías mencionadas, Medio Ambiente e Vivenda, Xestur Ourense e o propio concello de Carballeda de Valdeorras.
A Consellería de Vivenda estimaba o custo total do Parque nuns 40 millóns de euros.
Segundo o convenio o investimento para o 2007 ascendía a 4 millóns de euros.

- O 17 de decembro de 2007 o IGVS presentou a comunicación do inicio do procedemento de elaboración do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial.

- O 3 de xaneiro de 2008 a D.X. de Desenvolvemento Sostible concluíu que o proxecto podería ter efectos negativos sobre o medio natural, polo que tería que someterse ao procedemento avaliatorio.

- O 14 de abril de 2008 a D.X. de Desenvolvemento Sostible emitiu o Documento de Inicio, sen que desde entón (abril 2008) se tivera recibido máis comunicación en referencia a este proxecto, continuando a día de hoxe á espera de que o IGVS remitira a documentación para a realización da memoria ambiental.

- Pola súa parte, o IGVS, organismo promotor das obras, non someteu a información pública o Proxecto Sectorial e paralizou a súa tramitación, seguindo as indicacións do informe da súa Dirección Técnica de Solo, que o 23 de decembro de 2008 considera inviable esta actuación.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página