A Consellería de Sanidade vén de nomear aos responsables da Xerencia Sanitaria do Hospital Comarcal de Valdeorras e da Xerencia de Atención Primaria de Ourense. María Jesús Magadán Álvarez será a nova xerente do Hospital de Valdeorras e Carlos Pereira Fernández incorpórase como xerente de Atención Primaria
 
 
María Jesús Magadán xerente do Hospital de Valdeorras e Carlos Pereira de Atención Primaria  
24 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

A conselleira de Sandiade, Pilar Farjas, ven de nomear aos responsables da Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras e de Atención Primaria de Ourense. O primeiro dos cargos recáe en María Jesús Magadán Álvarez, mentras que a Xerencia de Atención Primaria na provincia levaráa Carlos Pereira Fernández.

María Jesús Magadán Álvarez é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca, e na súa formación conta con másters en Administración e Xestión Sanitaria en Formación en Medicina de Urxencias. Desenvolveu o seu labor profesional como médico de Atención Primaria e de Urxencias Hospitalarias, e na actualidade é médico inspector na área sanitaria do Barco de Valdeorras.

Doutra banda, Carlos Pereira Fernández incorporarase como xerente de Atención Primaria de Ourense. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un máster en Xestión e Administración Sanitaria pola Universidade de Vigo. Na súa traxectoria profesional ten ocupado cargos de responsabilidade no eido da Inspección e a Asistencia Sanitaria, e foi director provincial do Servizo Galego de Saúde de Ourense. Na actualidade exerce como inspector médico.

A Conselleria sinala que os actos oficiais de presentación destes xerentes terán lugar nos vindeiros días.

Volver atras
Imprimir Página