Vai a segunda realización completa dos 62 proxectos no seu día autorizados con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais. Trátase da remodelación da Praza de Santa Teresita que este martes visitaron o alcalde e máis o concelleiro de Medio Ambiente. O investimento do proxecto é de 49 millóns de euros, e con esta remodelación dótase á zona dun espacio de recreo, paseo e esparcimento dos veciños, e soluciónanse certas carencias como a loseta deteriorada.
 
 
Lista a remodelación da Praza de Santa Teresita, a segundo dos proxectos do FEIL completados  
24 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa visitaron este martes a Praza de Santa Teresita, situada fronte á Igrexia de Santa Teresa. O motivo da visita é a finalización do proxecto de remodelación e dotación de equipamento na Praza, cun investimento de 49.066,26 euros, con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local.

A obra, adxudicada á empresa CONSGOFER S.L., constou de diversas actuacións de mellora. A idea principal consistiu no cambio de pavimento de loseta por un adoquín prefabricado de formigón, e no saneamento e recubrimento da zona de xogos con loseta de caucho, ademais de dotar á praza de nova xardinería e arboleda.
En canto á actuación de mobiliario, retiráronse os bancos existentes e redistribuíronse uns novos, colocando 3 papeleiras e xogos infantís. Na praza central, inclúense tres alcorques para a ubicación de tres árbores novas e cambiouse a pranta baixa existente por unha nova.

Con esta remodelación, dótase dun espacio de recreo, paseo e esparcimento dos veciños, e soluciónanse certas carencias como a loseta deteriorada. O proxecto forma parte dun ambicioso e denso plan da Concellería de Medio Ambiente encamiñado á remodelación e humanización de prazas e xardíns, dotándoas de novos pavimentos, xardíns, mobiliario urbán ou infantil, para recuperalos para o seu uso óptimo e aproveitamento.

Volver atras
Imprimir Página