Segunda parte da campaña “Conduce Docemente”. Chega este venres, día 31 de xullo, concidindo coutra operación saída, a de o mes de agosto. A campaña busca a concienciación dos conductores para as boas prácticas viais. Nela, os voluntarios repartirán folletos e doces aos conductores para axudalos a combater o cansancio, e alertarán acerca das prácticas perigosas para a conducción. Os equpos de voluntarios volverán a ubicars donde xa o fixeron o primeiro deste mes de xullo, no espazo da estrada de Vigo que pasa pola Área de Servizo O Pino a carón da Cafetería STOP.
 
 
Este venres, a segunda fase da campaña “Conduce Docemente” coincidindo coa saída de agosto  
30 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Grupo de Voluntarios de Seguridade Vial do Concello de Ourense abordará este venres, 31 de xullo, a segunda fase da campaña “Conduce Docemente”, que busca a concienciación dos conductores para as boas prácticas viais.
Voluntarios do grupo multidisciplinar, formado por educadores, bombeiros, axentes da policía local, e vítimas de accidentes na estrada, na compañía de menores de idade, tamén voluntarios, informarán aos condutores ourensáns do alto risco de accidentes nestas datas.

O punto de encontro entre os voluntarios e os conductores será o venres 31 de xullo entre ás 19:00h e ás 21:00h, e o sábado 1 de agosto entre ás 12.00h e ás 14:00h no espazo da estrada de Vigo que pasa pola Área de Servizo O Pino a carón da Cafetería STOP.
É o mesmo lugar onde se levou a cabo a primeira fase desta campaña, o 1 de xullo pasado, debido á grande cantidade de vehículos que se deteñen nesta zona antes da súa viaxe.

Dun xeito dinámico e divertido os voluntarios realizarán unhas xornadas de concienciación e prevención a pé de estrada repartindo folletos de concienciación e caramelos co lema “educación para a seguridade viaria”, desque un estudo apuntou que ter a man doces durante a conducción aumenta os niveis de atención e reduce o risco de accidentes.
Esta acción de prevención, que está recoñecida oficialmente pola Unión Europea, lévase a cabo tendo en conta as previsións de cerca de 300.000 desprazamentos en Galicia así como a cifra de 391 persoas falecidas nas estradas galegas o pasado verán. Con este proxecto, preténdese reducir o número de accidentes nas estradas e concienciar ós conductores das normas de seguridade viaria.

Volver atras
Imprimir Página