Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
 

Previa a celebración do pleno de agosto adiantado a este venres, último de xullo, a Xunta Local de Goberno do Concello de Ourense pechou este xoves o seu curso de sesións con unha na que se tomaron importantes decisións para asuntos non menos importantes para a cidade, como que, de feito, algúns constitúen eixos de actuación que definen o modelo de cidade que propugna o Goberno do bipartito. Tal é o caso do que posibilita que, ao remate desta sesión, o Goberno de Rodríguez anuncie que a finais deste verán comezarán xa as obras de construcción do Xardín Botánico do Montealegre para o que se dispón un investimento inicial de 470.000 euros. Hai tamén acordos referidos á Ronda Bulevar e ao proxecto da Finca Mariñamansa, así como en materia de remodelación de rúas do barrio de San Francisco e para a posta en funcionamento dun punto de información e asesoramente a turistas e usuarios nas Termas de Outariz.

 
Noticias Relacionadas
  O PSOE propón convertir en xardín botánico e parque único en Galicia O Montealegre
  PRESENTACIÓN DO PROXECTO
(Mayo de 2007)
 
 

O Concello anuncia que a finais do verán comezarán as obras do Xardín Botánico de Montealegre

31 de XULLO de 2009: OURENSE DIXITAL
O Concello de Ourense anuncia que as obras de construcción do gran Xardín Botánico en Montealegre comezarán a finais deste verán. Será cunha primeira intervención que este mesmo xoves aprobou a Xunta de Goberno Local, que suporá un investimento de 470.000 euros. Segundo o proxecto redactado polo paisaxista José Crespí, esta actuación consistirá

básicamente no acondicionamento dos terreos que acollerán o futuro Xardín Botánico para a súa posterior urbanización, e inclúe o nivelado das áreas de actuación, a limpeza dos terreos, o saneado da vexetación e eliminación selectiva das especies invasivas, xunto coa restauración dos muros de maposteiría existentes e a instalación dunha rede primaria de auga.
“Será o primeiro paso para o desenvolvemento dun proxecto moito máis ambicioso, que persigue a posta en valor deste espacio ambiental carcaterizado pola súa gran calidade paisaxísitica e ecolóxica, cunha superficie total de 122.000 m2.”, sinala o Goberno municipal desta cidade.

Esta primeira intervención ten como obxectivos a limpeza do terreo, a mellora dos accesos do parque e o trazado dos viais internos sobre a trama de camiños existentes, así como a limpeza e nivelación dos diferentes espacios.     
Respecto ó tratamento da vexetación, acometerase unha limpeza selectiva das masas de vexetación, que inclúe o desbroce selectivo entre pés nas masas de arbusto, eliminación e erradicación de especies invasivas desbroce total por medios mecánicos de masa de vexetación ruderal, tala selectiva de pés de ábores incluindo a retirada de troncos e a conservación de masas de vexetación de reserva.
Respecto á restauración de muros, os labores centraranse na restauración dos muros de mamposteiría, utilizando inicialmente a pedra desprendida que se atopa no lugar e completando coa pedra existente no ámbito e, cando sexa necesario, o aporte de pedra de calidade e calibres similares á orixinal. Finalmente, a actuación complétase coa execución dunha liña primaria de abastecemento de auga ó longo do vial perimetral do parque.

Finca Mariñamansa, Ronda Bulevar e outros acordos

A Xunta Local aprobou tamén a enaxenación de dúas parcelas na Finca de Mariñamansa. A primeira ten unha superficie de 3.900 metros cadrados construibles destinados a uso comercial, e se atopa nas nas proximidades dos terreos onde se ubicará El Corte Inglés. A segunda parcela, de máis de 9.000 metros cadrados, destinarase á construcción de vivendas protexidas. O Concello realizará unha convocatoria pública na que abrirá un prazo para que os interesados podan obtar á adquisición e edificación destas parcelas.

Na mesma sesión, deuse un novo paso adiante no desenvolvemento da Ronda Bulevar, coa aprobación inicial do Plan Parcial que guiará o desenvolvemento do sector de solo urbanizable 05-C do PXOM, na zona de O Polvorín. Trátase dunha zona de especial importancia dado que nela se prevé a construcción dunha nova ponte sobre o río Barbañica, que formará parte da Ronda Bulevar, que resulta fundamental para a conexión desta coa rúa Marcelo Macías e para a conexión coa nova ponte sobre o río Barbaña que conectará a zona de Manuel Murguía co Polvorín.

Na mesma Xunta de Goberno foi aprobado o proxecto de humanización do barrio de San Francisco, unha iniciativa da  Concellería de Infraestructuras que  dirixe o Tenente de Alcalde Andrés García Mata, e que aposta pola reordenación da zona de cara a gañar espazos para a cidadanía. O proxecto contempla reformas nas rúas Serra de Queixa, Monte Seixo, Coto Novelle, e Monte Medo. Procederáse á peonalización deste último vial  con mantememento de acceso a garaxes e carga e descarga, así como a renovación de pavimentos, sistemas de alumeado, vexetación, mobiliario urbán  nas catro rúas. O proxecto xa foi presentado aos veciños e conta cunha dotación orzamentaria de 783.702 euros.

En materia de comercio,  aprobouse a concesión dunha subvención de 12.000 euros á Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense. Con esta actuación a Concellería Industria, Comercio e Turismo, dando continuidade ao seu compromiso co desenvolvemento do comercio local, quere  axudar á asociación a sufragar os gastos de dinamización e animación comercial do presente ano.

Así mesmo, a Xunta de Goberno  procedeu a autorizar á empresa Aspanas Termal S.L.U. o uso do quiosco instalado nas termas de Outariz. A infraestrutura, de 40 metros cadrados, actuará como un punto de información e asesoramento a turistas, visitantes e demais usuarios da termas. Ofrecerá, así mesmo, servizo de aluguer de tumboas, vestiarios gratuitos, etc. 

Tamén se acordou a contratación do subministro mediante renting con opción de compra de tres vehículos patrulla para a Policía Local do Concello de Ourense.

Volver atras
Imprimir Página