“Qué é o que fai falta para que o PSOE esixa a dimisión do seu condenado alcalde, que non merece representar ás veciñas e veciños de Punxín nin un minuto máis”, se pregunta o coordinador provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar. O PP denuncia que o rexidor municipal, que xa ten unha sentencia firme por “discriminación e vulneración do principio de igualdade”, acada agora unha nova imputación penal por un “delito de prevaricación e outro contra os dereitos dos traballadores”. Sinala Baltar Blanco que agora “se botan de menos as palabras grandilocuentes dos socialistas falando de non discriminación e igualdade”, e califica o feito da súa continuidade de “atentado” contra os principios democráticos.
 
 
Baltar Blanco califica de “atentado” a democracia a continuidade do alcalde de Punxín
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
25 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Partido Popular de Ourense denuncia o feito de que o Concello de Punxín siga contando ao fronte da súa alcaldía cun condenado por sentencia firme por “discriminación e vulneración do principio de igualdade”, sinala o coordinador provincial dos populares ourensáns este luns. Manuel Baltar subliña que chama a atención o “silencio cómplice e a calada por resposta” do Partido Socialista en Ourense ante a nova imputación penal do alcalde de Punxín por un “delito de prevaricación e outro contra os dereitos dos traballadores”.

Nun comunicado emitido ao respecto, o responsable do PP nesta provincia sinala que “se botan de menos as palabras grandilocuentes dos socialistas falando de non discriminación e igualdade”, claramente acaídas para condenar o comportamento do seu militante.
Neste senso, pregúntase Manuel Baltar “qué é o que fai falta para que o PSOE esixa a dimisión do seu condenado alcalde, que non merece representar ás veciñas e veciños de Punxín nin un minuto máis”.

Manuel Baltar lembra que xa cando o alcalde de Punxín fora condenado xudicialmente o PP demandara a súa dimisión e preguntara o daquela bipartito no goberno galego, sen resposta, pola súa valoración dos feitos e se pensaban que o seu comportamento debera figurar no “código de boas prácticas na administración local” que estaba a elaborar a banda socialista do executivo autonómico derrotado nas urnas o pasado marzo.

Nesta situación, o coordinador provincial dos populares ourensáns denuncia a “dobre moral dos socialistas” e o “atentado” que supón contra os principios democráticos, que continúe no seu posto “unha persoa que, tan pronto tomou posesión, xa deu a súa verdadeira talla humana e política cometendo un feito gravísimo que contou xa coa condena dos tribunais de xustiza e que agora mesmo merece que sexa imputado penalmente de novo”, conclúe Baltar Blanco.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página