A través das distintas Concellerías que o integran, o goberno muncipal de Ourense está a investir máis de 2 millóns de euros en melloras sustancias na zona do Couto. Así o destacou o alcalde en funcións de Ourense, Andrés García Mata, quen visitou este luns diversas actuacións que se levan a cabo no barrio do couto. O feito é mostra, segundo apuntou o tamén concelleiro de Infraestructuras, do “compromiso firme e real que este goberno ten cos barrios da cidade”. Este compromiso que se plasma en varias actuacións, manifestase no acondicionamento do entorno das vivendas de Virxe de Fátima, próximas ao campo de fútbol, que conta con un orzamento de 374.000 euros e que xa están a piques de rematar.
 
 
A piques de rematar as obras de mellora do entorno das vivendas de Virxe de Fátima do Couto
25 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O tenente Alcalde, Andrés García Mata, visitou este luns as obras de acondicionamento do entorno das vivendas de Virxe de Fátima, no barrio do Couto, xa moi preto de rematar, nas que se invisten 374.000 euros con cargo ao FEIL, Fondo Estatal de Investimentos Locais. Apuntou que se trata “dunha actuación que considerabamos urxente nesta zona, cuxo entorno víase bastante deteriorado polo paso do tempo”.
A actuación supuxo a sustitución do pavimento de beirarrúas e calzadas por unha combinación de adoquín cerámico e granítico ao mesmo nivel. Ampliouse o ancho das beirarrúas e dotouse a este espazos de novas especies arbóreas e puntos de luz, así coma de mobiliario urbán. Reformouse unha zona de xogos anexa sustituindo o chan de area por un pavimento de caucho e instaláronse contenedores soterrados, antes inexistentes.

O espazo, a pesar de priorizar a tráfico peonil mantén o acceso para veículos, así como as prazas de aparcamento en batería coas que antes contaba a zona. Así mesmo, ao igual que en obras similares que a Concellería de Infraestruturas está a desenvolver noutras zonas da cidade, supuxo tamén a renovación das redes de abastecemento e saneamento.  

2 millóns de euros en obras, “exempro de que este Goberno funciona”

Xunta con esta obra, outra de maiores dimensións pero tamén de humanización de espazos estase a desenvolver na zona, a correspondente ás rúas Greco, Remedios e Praza de Pedro Monteagudo. Así mesmo, atopase xa rematado na súa primeira fase  o proxecto de rehabilitación das traseiras de Antonio Puga, cuxo resultado xa se pode apreciar, segundo sinalou o titular de Infraestructuras do Concello e Tenente de alcalde.

Por outra banda, desde a Concellería de Medioamabiente estánse a executar a mellora ambiental da rúa Gregorio Fernández e actuacións nas beirarrúas de Velázquez, Juan de Angés, Prego de Oliver e Murrillo.
Ademais, vense de licitar a instalación dunha nova zona verde. “Son actuación desenvoltas en conxuntos desde o goberno bipartito que suman un investimento superior aos 2 millóns de euros e que son exempro da capacidade de xestión e do bo facer deste Goberno, son exempro de que funciona”, sinalou García Mata.

 

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página